09-09-2013
Nova web e novos portais de contidos de ADEGA
Ademais poderedes acceder aos contidos do vello soporte na barra do fondo da actual web a través da ligazón “Web 2009-2013”.
A día de hoxe aínda estamos a completar algunhas seccións que intentaremos ter rematado o máis pronto posible. Pregámosche que teñas paciencia mentres esteamos neste proceso. Agardamos que o resultado sexa do voso agrado.
Melloras no DESEÑO e ESTRUTURA:
Aínda que este aspecto é moi subxectivo, consideramos que con respecto á vella web, o novo soporte dixital ofrece unha apariencia moito máis atractiva para o usuario, visual e actualizada. Na estrutura, a nova web integra toda a información relativa á actividade de ADEGA ordenadamente, destacando na portada todos os contidos que se actualizan día a día.
- Á web xeral están ligados 4 apartados web que corresponden á Revista Cerna, Radio Cerna, ADEGA-Cadernos e Outras publicacións. Accédese a eles a través da cabeceira da web principal.Cada un deles, como veredes, ten un deseño propio e contidos específicos.
- Na portada dáselle maior visualización ás actividades e todos os eventos organizados por ADEGA (desde Nacional, a equipa de Educación ambiental, ou doutros movementos nos que participamos) a través do slide dinámico da cabeceira.
- Tamén adquiren presencia as novas de ADEGA difundidas desde calquera dos seus ámbitos (Nacional, delegacións, Educación ambiental), os programas de Radio Cerna, e os vídeos que consideramos de interese para a súa difusión.
- Na portada, tamén se poderán consultar de forma instantánea as nosas redes sociais (Facebook e Twiter).
- Todos os proxectos de ADEGA, campañas ou informes puntuais de actualidade, irán pasando tamén pola portada a través dos diferentes banners.
- A barra superior da portada dá acceso a todas as seccións da web, tanto as que se actualizan diariamente, como as estáticas.
Principais NOVIDADES
Iraste decatando de que a nova web inclúe funcións ou apartados dos que antes non dispoñías. Pasamos a indicar algunha destas novidades, aínda que hai moitas máis:
- Disporás de varios buscadores xerais e específicos (nas seccións de novas e axenda na web principal, e nos 4 apartados web das diferentes publicacións).
- Pasa a ser pública toda a listaxe de informes, alegacións e denuncias que elaboramos en ADEGA das diferentes áreas temáticas. Pretendemos que a persoa usuaria teña toda a información posible e que ademais poida facer uso dela, ou tomala como referencia.
- Toda a información relativa a unha área temática ou de traballo está concentrada nun mesmo apartado para que non te perdas.
- Reunimos nun só apartado todos os proxectos que está a realizar ADEGA, nomeadamente de Educación Ambiental, incluída a Eira da Xoana.
- Inauguramos un apartado de campañas, onde ti podes aportar o teu grao de area.
- No apartado multimedia atoparás toda a documentación producida por ADEGA segundo o tipo de soporte. Por primeira vez, poderás visitar a nosa galería de imaxes e vídeos.
- Tamén poñemos a disposición dos usuarios documentos modelo de denuncia, solicitude de información, ou para a elaboración de alegacións e unha guía das institucións ás que se adoitan presentar estes documentos. Consulta o apartado “Pasa á acción”. Neste mesmo apartado tratamos de facilitar a través de formularios a túa participación na causa ambiental de diversos modos.
- Facilitamos a escoita de Radio Cerna por streaming, é dicir, sen necesidade de descargar o audio.
- Poderás consultar os artigos da revista CERNA e de ADEGA Cadernos sen necesidade de descargar toda a publicación, e facer busca específica dos seus contidos. Ademais, temos a intención de repoñer todos os contidos de ambas as dúas publicacións.
- Ofrecemos a posibilidade de subscrición on-line ás publicacións de ADEGA.
- Poderás descargar e consultar todo o material divulgativo producido por ADEGA, a través do apartado web “Outras publicacións”.
- Poderás subscribirte ao RSS das novas, da axenda de ADEGA, de Radio Cerna e de todas as publiacións da organización.
Estas son algunhas das novidades que che podemos indicar, pero é mellor que as descubras por ti mesmo/a. Anímate a navegar pola nova web de ADEGA e a descubrir todo o que che contamos e máis.
DANOS A TÚA OPINIÓN: Para ADEGA a túa opinión é o máis importante. Se queres compartila con nós, podes enviarnos un mail a:
cerna@adega.gal