ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Aberta a primeira oficina de Fiare-Banca Ética no...

01-04-2015

Aberta a primeira oficina de Fiare-Banca Ética no estado

Hai uns días abríu as súas portas ao público en Bilbo a primeira oficina de Fiare-Banca Ética do estado. ADEGA, socia fundadora de Fiare-Galiza, fai parte tamén deste proxecto de banca solidaria ao entrar no accionariado da Banca Ética.

Coa presenza do Presidente de Banca Etica, Ugo Biggeri, representantes dos traballadores/as, persoas e entidades socias, abríu as súas portas ao público xa plenamente operativa a primeira sucursal de Fiare-banca ética do estado.

Fiare Banca Etica constrúese sobre a base dunha extensa rede de persoas e organizacións, polo que resulta imprescindíbel a existencia e a participación dunha cidadanía activa. As persoas, colectivos e demáis integrantes do tecido social que facemos parte deste proxecto, comprometémonos coa transformación das condicións e estruturas de inxustiza e explotación que existen nas nosas sociedades, quer a banca tradicional e especulativa.

Neste senso, Fiare-Banca Ética pretende ser una ferramenta ao servizo da transformación social através do financiamento de proxectos de economía social e solidaria e da promoción dunha cultura da intermediación financeira, baixo os principios da transparencia, a participación, a democracia e o creto como dereito.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal