ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Os composteiros xa están na casa

25-03-2015

Os composteiros xa están na casa

Onte 24 de marzo tivo lugar curso de formación de compostaxe do programa 2015. Unha vez recibidas as solicitudes convocamos as e os participantes a un curso no CIAC (Centro de Interpretación ambiental de Compostela). O curso comezou ás 19h da tarde coa presentación da concelleira de desenvolvemento urbano sostible Teresa Gutiérrez,  a continuación a educadora ambiental de ADEGA María R. Lafuente fixo unha presentación explicando a  situación actual dos residuos na Galiza, por que é necesario incluír a compostaxe dos residuos orgánicos na xestión municipal e as súas  vantaxes económicas, sociais e ambientais, para rematar explicando polo miúdo a temporalización do programa de educación ambiental e a compostaxe na práctica.

O programa de educación ambiental consiste na formación e tres visitas casa por casa coa intención de observar o proceso e resolver dúbidas, ten unha duración de sete meses tempo que tardamos en conseguir o primeiro compost.  Con este proxecto conseguimos chegar a un rango de poboación adulta que se anota voluntariamente para  explicarlle a importancia de xestionar ben os residuos, unha boa separación e compostar os residuos orgánicos.

Ao longo desta semana as e os solicitantes poden recoller o seu composteiro no polígono do Tambre  na rúa Pasteur Nº 14, imprescindible levar o DNI.
Do mesmo xeito se algún veciñ@ de Compostela ten interese en aprender a compostar os residuos orgánicos e recibir un composteiro aínda pode solicitalo no rexistro do concello.

Máis info: Maria R. Lafuente 628378804 Compostaxe@adega.gal

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal