ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Día Internacional da Reciclaxe de Móbiles: non...

27-01-2015

Día Internacional da Reciclaxe de Móbiles: non máis minerais de sangue!

O Instituto Jane Goodall promove este día internacional para concienciar da necesidade de aproveitar o noso lixo tecnolóxico e de paso evitar a deterioración de valiosos ecosistemas (principalmente africanos) nos que se ubican as reservas dos chamados minerais estratéxicos: coltán, casiterita, etc.

Na Galiza temos tamén experiencia do que significa a minaría salvaxe, mesmo dos chamados "minerais tecnolóxicos" dos que hai xa proxectos de exploración e explotación en marcha. Litio, estaño, wolframio e mesmo coltán ameazan con trasladar a Galiza o modelo de explotación salvaxe dos "minerais de sangue" que está a acabar coas selvas tropicais e os grandes primates en África.

Dende ADEGA queremos colaborar e difundir esta iniciativa do Instituto Jane Goodall que visa reusar e alongar a vida dos móbiles que non usamos; reciclar os seus elementos úteis e evitar a contaminación que poden producir e de paso, apoiar as iniciativas de conservación dos grandes primates nas áreas nas que a minaría salvaxe ameaza a súa supervivencia.

Para participares e colaborares nesta campaña, infórmate en: MOBILIZATEPORLASELVA.ORG

Ligazóns

Descargas

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal