ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Novo curso sobre a reutilización e reciclaxe de...

13-01-2015

Novo curso sobre a reutilización e reciclaxe de residuos como unha oportunidade para o emprego verde

O curso está enfocado a búsqueda de oportunidades de emprego no ámbito da xestión dos residuos,  primeiro coñeceremos cal é a realidade en canto a xestión de residuos na Galiza e os obxectivos da directiva marco europea. Veremos cales son as oportunidades en canto ao emprego en torno a reutilización, reciclaxe e compostaxe, xa que todo tratamento baseado na reciclaxe implica unha moi boa separación para garantir o éxito e xera por tonelada de residuo 10 veces mais postos de traballo que a incineración e verquido. Pero no ámbito dos residuos ábrense moitos eidos de traballo, non so os de recolledores senón tamén en educación ambiental e no sector da segunda man ou reutilización como é o caso da roupa, electrodomésticos, móbeis e outros enseres. Coñeceremos algunhas experiencias exitosas na Galiza e no estado de creación de emprego a través da reparación e venta de artigos de segunda man

Outro eido a explotar, é quizais máis importante, é o da redución a través do rediseño e innovación de produtos, movemento coñecido como “do berce ao berce”  para minimizar os residuos xerados pechando o ciclo dos materiais de modo que os materiais se reciclen no mesmo uso. Esta é unha corrente que está tendo éxito en Europa, xerando postos de traballo nas empresas. Durante o curso recibiremos visitas de emprendedores no sector dos residuos, por exemplo no sector do tratamento de augas residuais por depuración con humidais e recuperación de roupa e venta en tendas de segunda man. O curso ten unha duración de 16h repartidas en catro sesións de catro horas e terá lugar no concello de Oleiros.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal