ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Constituida unha nova delegación de ADEGA na...

09-01-2015

Constituida unha nova delegación de ADEGA na comarca de Monterrei

Damos a benvida aos compañeiros e compañeiras de Monterrei, Laza, Verín, Castrelo, Oimbra, Riós, Vilardevós e Cualedro, que acaban de constituiren a delegación de ADEGA-Monterrei.

Coa fin de protexer a contorna do Támega e da comarca de Monterrei, varios socios/as de ADEGA acordaron constituir unha delegación na comarca de Monterrei.

Esta nova delegación nace a partires da plataforma Salvemos o Támega, preocupada polas continuas verteduras e a contaminación que as obras do AVE están a provocar no río e na bacía enteira.

Dende a nacional, parabenizamos a estas compañeiras e compañeiros de Salvemos o Támega- ADEGA Monterrei, desexándolles moito ánimo e sorte nas súas actividades, para o que contarán co apoio de toda a infraestrutura e recursos de ADEGA. Benvidas e benvidos!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal