ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Xornadas sobre alimentación ecolóxica: Sabemos o...

10-12-2014

Xornadas sobre alimentación ecolóxica: Sabemos o que comemos?

Sabemos realmente o que comemos? Quen controla a produción e comercialización dos alimentos? Deixamos a alimentación humana nas mans das empresas agroquímicas ou queremos ser nós os protagonistas e comer sano sen danar á terra?

Museo do Pobo Galego, 12 e 13 de decembro de 2014
ENTRADA DE BALDE

Programa

Venres 12 de decembro

16:00 – 17:30  "Propiedades de los alimentos ecológicos". María Dolores Raigón, Presidenta da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica

A primeira conferencia das xornadas sobre alimentación ecolóxica, vaina dar Maria Dolores Raigón Jiménez, Presidenta da Sociedad Española de Agricultura Ecológica. Existe certa polémica e torno aos alimentos ecolóxicos: son máis sano, non son máis sanos? Evidentemente, os sectores agroalimentarios multinacionais tenden a negar as diferenzas entre alimento ecolóxico e convencional, aportando profusión de estudos que apoien esta tese, e negando a existencia de estudos científicos rigurosos que mostran o contrario.
Catedrática de Escola Universitaria da Universidad Politécnica de Valencia, Doutora Enxeñeira Agrónoma, e experta en agricultura ecolóxica, Maria Dolores Raigón Jiménez leva máis de 15 anos traballando sobre calidade de alimentos e saúde. Nos últimos anos traballa no estudo da relación entre modo de produción (convencional-ecolóxico) e a concentración de determinados principios nutritivos dos productos hortofrutícolas.
María Dolores Raigón Jiménez ten sido distinguida con importantes premios: Premio Víctor Moreno Márquez, Premios sobre estudios de agroentorno pola Fundación Bancaixa, premio Andrés Núñez de Prado, Premio a la defensa del Medio Ambiente, da Fundación Social Universal...

17:45 – 19:15  Os pesticidas: son seguros?. Xan Pouliquen Kerlau. Xestión Agrogandeira e Natureza.    


Sábado 13 de decembro

16:00 – 17:30 "La contaminación ambiental: esta epidemia desconocida". Carlos de Prada. Xornalista. Fundador do Fondo para la Defensa de la Salud Ambiental.

Carlos de Prada, fundador do FODESAM, Fondo para el Desarrollo de la Salud Ambiental ten nas súas costas máis de 20 anos de experiencia como xornalista ambiental. Apaixoado da natureza, e da súa defensa.
O seu libro "La epidemia química", é unha obra básica para achegarnos ao que está pasando na Terra e que nos ensina que se esconde detrás dos produtos químicos, destapando o proceso de degradación da saúde e do medio ambiente no que nos estan a meter as empresas químicas e os seus aliados.

17:45 – 19:15  Debate: os produtos ecolóxicos, son caros? Con produtores e comercializadores de produtos ecolóxicos.

19:15 – 20:00     Degustación de produtos ecolóxicos

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal