Inicio / Novas / Educación ambiental / Día internacional do voluntariado
05-12-2014
Cada ano ADEGA mobiliza miles de persoas que voluntariamente deciden empregar o seu tempo para axudar á mellora do medio ambiente.
Hoxe, 5 de decembro, é o día Internacional do Voluntariado, que este ano ten o lema "Cambia o mundo, faite voluntari@!". Dende a nosa organización non esquecemos a cada unha desas persoas que cada ano con vontade de cambiar o mundo, participan nas actividades de voluntarido, e por iso queremos agradecerlle o seu esforzo. MOITAS GRAZAS VOLUNTARI@S!
Proxecto Ríos. Unha inciativa de voluntariado e educación ambiental para o seguemento dos cursos fluviais. Centos de voluntarios participan anualmente nas inspeccións de ríos, na limpeza simultánea de ríos, e noutras actividades como o Campo de Voluntariado no río Tea para eliminación de flora exótica invasora.
Charcas con Vida. Outra inciativa na que voluntarias e voluntarios participan anualmente. Este proxecto ten unha liña de seguemento de charcas con inspeccións periódicas e tamén xornadas de voluntariado para construcción e recuperación destes ecosistemas.
Limpezas de praias. Cada ano centos e centos de persoas celebran o día dos océanos participando na limpeza simultánea de praias nos areais de toda Galiza.
Eira da Xoana. Neste lugar podes achegarte os primeiros sábados de cada mes para axudar nos traballos comunitarios para mellora deste espazo.
Compostaxe. Neste eido ADEGA coordina tamén a persoas voluntarias que traballan nas áreas de compostaxe comunitaria como é o caso de ASPANEPS en Fene.
En todas estas actividades teñen participado máis de 2.000 persoas no 2014, esperemos que no 2015 sexamos moitos máis.
Estamos preparando as actividades de voluntariado para 2015, que próximamente publicitaremos nas nosas webs. Se queres estar informada/o síguenos tamén nas redes sociais.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal