ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Proxecto Ríos presentou o Manual de Custodia...

29-10-2014

Proxecto Ríos presentou o Manual de Custodia Fluvial

O Manual de Custodia Fluvial pretende ser un documento de referenza no que se traten todas as cuestións ligadas á participación cidadá no coidado e seguemento dos ecosistemas fluviais.

No documento propóñense diversas estratexias para desenvolver iniciativas de estudo, recuperación e mellora dos nosos ríos. O Manual de Custodia Fluvial convértese, xa que logo, nunha ferramenta útil para promover actividades de custodia do territorio.

Está dirixido a todas aquelas persoas e entidades que teñan interese en participar de forma activa na protección, conservación e mellora dos ríos e zonas húmidas. Outro motivo desta publicación ten que ver co feito de que, dentro dos niveis de participación do voluntariado no Proxecto Ríos, está contemplada a posibilidade de adquirir un nivel maior de compromiso que permita realizar accións concretas de mellora no treito de río escollido.

O Manual de Custodia Fluvial está dispoñible para a súa descarga en liña na seguinte ligazón: Manual de Custodia Fluvial.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal