ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / A suba da taxa do lixo por SOGAMA, unha...

16-06-2014

A suba da taxa do lixo por SOGAMA, unha oportunidade para mellorar a actual xestión?

Cerna/Redacción

Vertedoiro de Areosa

A pretendida suba da taxa do lixo por parte de SOGAMA, nun 34% e de golpe, maniféstase como unha inxustiza máis que agravará as economías dos concellos e da cidadanía, en especial das persoas máis desfavorecidas que pagarán a mesma taxa incluso cando ve fortemente reducida a súa capacidade de consumo.

Por outra banda, pode verse como unha oportunidade para aumentar as cifras de reciclaxe, que no ámbito de SOGAMA non chegan ao 10% cando a actual lexislación fixa obxectivos do 50% do lixo xerado. Mellorar a recollida separada para a reciclaxe e introducir a compostaxe doméstica e comunitaria, ou novas plantas de compostaxe son algunhas das propostas que actualmente poñen algúns alcaldes sobre a mesa.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal