ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Novo programa de compostaxe con 4 parroquias máis...

28-05-2014

Novo programa de compostaxe con 4 parroquias máis de Pontevedra

Os habitantes de Sta Maria de Xeve, Sto Andrés de Xeve, Verducido e Cerponzóns xa poden solicitar un composteiro no concello de Pontevedra


Os programas de compostaxe caseira supoñen unha aposta decidida pola redución, a compostaxe e a corresponsabilización da cidadanía na xestión dos refugallos na súa propia casa, fronte á incineración e o despilfarro de recursos.
 
Desta volta o novo programa de Pontevedra desenvolverase en 60 fogares das parroquias de Sto Andrés de Xeve, Sta María de Xeve, Cerponzóns e Verducido.
As persoas destas parroquias que estean interesadas poderán inscribirse no Concello a partir de mañá día 29 de maio. O reparto de composteiros será por orde de inscrición e os/as solicitantes deben cumprir unha serie de requisitos como son estar empadroados/as no concello, ter horta ou xardín, acudir ao curso de formación e facilitar as visitas de seguimento á equipa de educación ambiental de ADEGA.

O 17 de xuño terá lugar no Pazo da Cultura  o curso de formación, entregarase o  manual  (pódese descarregar aquí)  e os composteiros.

Con esta iniciativa preténdese reducir a cantidade de residuos xerados, xestionar estes residuos no mesmo lugar onde se producen, evitando o transporte e sensibilizar á poboación coa reciclaxe así como implicala activamente na resolución da problemática do lixo. ADEGA quere destacar a importancia destas iniciativas, que vencellan a xestión de residuos con programas de educación ambiental.

Descargas

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal