Inicio / Novas / Delegacións / As xornadas sobre resíduos “Nostián con...
13-03-2024
A plataforma pola reciclaxe: “Nostián con futuro” da que fan parte unha decena de entidades veciñais, ecoloxistas e sindicais, entre elas a asociación ecoloxista ADEGA, organiza unha serie de conferencias para analizar cal é a situación da planta de reciclaxe coruñesa así como outras semellantes que existen no estado español.
Esta serie de conferencias comezarán o día 19 de marzo ás 19:30h cun relato de cal é a situación actual da planta da man do profesor da UDC Manuel Soto. A continuación a Ambientóloga, especializada en xestión e prevención de residuos economía circular. Gemma Nohales analizará as vantaxes e inconvintes dos diferentes métodos de recollida separada de resíduos.
O xoves día 21 será o turno de Mercedes Casanova do consorcio das Mariñas que falará sobre o Proxecto RETROCA de prevención e reutilización. A continuación, a ponencia de Àlex Piñol, técnico de prevención de resíduos da Entidad Metropolitana de Barcelona, versará sobre a preparación dos resíduos para a reutilización, prevención e economía circular dos residuos.
Esta serie de conferencias rematarán o día 9 de abril cunha ponencia na que está previsto que participe o concello da Coruña.
Programa das xornadas:
Dia 19 de marzo, 19:30 h
Enlace para ver en directo: https://youtube.com/live/7XIKUma7ITk
ÁMBITO NOSTIÁN: O QUE TEMOS E O QUE PRECISAMOS
Manuel Soto, profesor da UDC e membro de ADEGA
ALTERNATIVAS DE RECOLLIDA SEPARADA DE RESÍDUOS
Gemma Nohales, Fundació ENT
Día 21 de marzo, 19:30 h
Enlace para ver en directo: https://youtube.com/live/Ta4YHEI93yk
Prevención e reutilización nas Mariñas: Proxecto RETROCA
Mercedes Casanova, Consorcio As Mariñas
PREPARACIÓN PARA A REUTILIZACIÓN, PREVENCIÓN E ECONOMÍA CIRCULAR DOS RESIDUOS.
Àlex Piñol, Entidad Metropolitana de Barcelona
Para a xornada do día Día 9 de abril está prevista a participación do Concello da Coruña.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal