Inicio / Novas / Educación ambiental / ADEGA pon en marcha un convenio co concello da...
16-10-2023
O próximo xoves, 26 de outubro, comezan as saídas no galeón Punta Pragueira para as rutas de observación de biodiversidade. A empresa Mar Abaixo, en coordinación con ADEGA, realizará 7 saídas ao redor da ría da Coruña para a identificación de biodiversidade nos meses de outubro a novembro.
En cada saída contaremos cun guía especializado na identificación de flora e fauna litoral, que será observada polas persoas voluntarias. Así mesmo, tamén se atenderá á divulgación doutros aspectos de carácter ambiental que teñen a ver coa interacción mar-terra, como pode ser a problemática dos residuos ou especies exóticas invasoras. A actividade estará destinada a todo tipo de públicos e en cada viaxe poderán participar 6-8 persoas.
Este ano tamén contaremos con tres actividades máis, unha limpeza de praias, xa realizada o pasado 6 outubro, unha limpeza de ríos e unha eliminación de flora exótica invasora. Estas actividades tamén están destinadas a todo tipo de persoas interesadas neste tipo de xornadas.
Dende ADEGA publicaremos nas nosas redes socias e web toda a información sobre as actividades que se van realizar durante estes meses de outubro e novembro.
O próximo xoves e venres, 26 e 27 de outubro respectivamente, teremos as primeiras saídas no galeón Punta Pragueira. Estas actividades teñen prazas limitadas, polo que é imprescindible inscribirse a través do seguinte formulario: inscripción.
Únete a descubrir a biodiversidade que nos ofrece o concello da Coruña!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal