ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Comezan as actividades de Eu Quero Razo-Baldaio...

26-06-2023

Comezan as actividades de Eu Quero Razo-Baldaio 2023

O proxecto nace coa necesidade de crear hábitos de turismo consciente no litoral de Razo-Baldaio. As entidades ADEGA, CEMMA, Hábitat, Ío e Senda Nova son as que desenvolverán as accións relacionadas coa sustentabilidade da costa. Tanto o Concello como ditas entidades buscan a valorización da contorna co obxectivo de que canto máis se coñeza máis se respecte. Ademais das accións propostas por estas entidades, desde o propio Concello tamén se programan outras actividades co mesmo obxectivo, conservar a contorna natural da zona.

A grande maioría das accións realizaranse todos os mércores e sábados dos meses de xullo e agosto, ademais de algún domingo puntual. Podes consultar a programación na seguinte ligazón: PROGRAMA 2023

Dende ADEGA imos desenvolver un programa de 3 actividades na liña de traballo que levamos anos realizando na Costa da Morte e en todo o litoral galego. Todas as actividades son en horario de mañá, dirixidas a todos os públicos e as persoas menores deberán ir acompañadas dunha persoa adulta. As prazas son limitadas.

En xullo mollaremos os pés para "Explorar as pozas da marea" e poñerémonos mans á obra para a "Xornada de eliminación de invasoras".

No mes de agosto terá lugar unha actividade de voluntariado ambiental "Limpeza colectiva das praias de Razo e Baldaio, plásticos e microplásticos".


Podes inscribirte nas actividades de xullo nas seguintes ligazóns:

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal