ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / A UNED de Lugo acollerá este sábado o XXXV curso...

27-09-2022

A UNED de Lugo acollerá este sábado o XXXV curso de formación do proxecto ríos

Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos coordinado pola asociación ecoloxista ADEGA, celebrará o vindeiro sábado, 1 de outubro, o seu XXXV Curso de formación de coordinadores e coordinadoras de grupos do Proxecto Ríos. Desta volta, a xornada formativa dedicarase ao mexillón de río e á identificación dos macroinvertebrados biondicadores dos cursos fluviais. O curso impartirase na UNED de Lugo e as prazas son limitadas.


A charla "O mexillón de río (Margaritifera margaritifera)" será impartida pola bióloga Catuxa Varela Dopico, que pertence ao grupo de investigación de Conservación de Peixes e Moluscos Grupo (CoPeMol) da USC.

Tras a charla, persoal técnico de Proxecto Ríos de ADEGA guiará unha saía ao río Miño para mostrar como se capturan e identifican os macroinvertebrados bioindicadores da calidade fluvial.

O programa do curso será o seguinte:

  • 10.15 Recepción e entrega de material Estado do Proxecto Ríos
  • 10.30 Novas do Proxecto Ríos
  • 11.00 O mexillón de río (Margaritifera margaritifera), Catuxa Varela Dopico (Grupo CoPeMol da USC) Bióloga do grupo de investigación de Conservación de Peixes e Moluscos
  • 12.00 Descanso
  • 12:15 Saída ao río: identificación de macroinvertebrados
  • 14.30 Clausura do curso


Dende o Proxecto Ríos de ADEGA ofrecemos ao voluntariado ambiental a oportunidade de participar neste curso da man de persoal experimentado. A actividade conta co financiamento de Augas de Galicia.

Para inscribirse manda un correo a ramses@adega.gal ou chama ao 616 238 050.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal