Inicio / Novas / Educación ambiental / Arranca o Proxecto Fluviatilis
13-07-2022
O proxecto “FLUVIATILIS: custodia para la resiliencia” ten como obxectivo principal a conservación e rehabilitación de ecosistemas fluviais, aumentando a súa resiliencia ao cambio climático e a provisión de servizos ecosistémicos mediante a custodia fluvial, unha importante ferramenta para a xestión integrada do territorio. A través desta estratexia de xestión, as entidades que forman Fluviatilis, promoverán a xestión compartida dos ecosistemas acuáticos continentais desde a sociedade civil; realizarán accións para a mellora da provisión de servizos ecosistémicos (o que nos aportan os ecosistemas acuáticos); adaptarán ríos e zonas húmidas ao cambio climático mediante a aplicación de Solucións Baseadas na Natureza (SBN) e o eco-deseño; fomentarán o desenrolo da economía circular e a bioeconomía da contorna local na que se actúe y, atendendo ao disposto na Directiva Marco da Auga, integrarán á cidadanía na mellora e conservación dos ecosistemas obxectivo do proxecto.
Fluviatilis nace cunha visión conxunta, mais cada entidade coordinará as actuaciós no seu territorio: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) en Galiza, Asociación de Naturalistas do Sureste (ANSE) na Rexión de Murcia, Grup de Natura Freixe (GNF) en Catalunya, Fundació LIMNE na Comunitat Valenciana e Red Cambera en Cantabria. Dito colectivo de entidades contará en todo momento co apoio científico-técnico do Centro de Estudios y Experimentación de Obras Públicas (CEDEX), que valorará e supervisará as propostas que se lancen encamiñadas á provisión de Solucións Baseadas na Natureza ou de adaptación ao cambio climático.
O proxecto, que se desenvolverá ata finais de 2025, conta cun orzamento de 1.049.779,59 €.
A conservación e mellora da biodiversidade perfílase como unha resposta a varios retos do desenvolvemento sostible. De esta forma, as Solucións Baseadas na Natureza preséntanse como un medio máis rendible que outras alternativas, xa que posibilitan a mitigación dos efectos derivados do cambio climático, o fomento da seguridade alimentaria e hídrica ou o impulso dunha economía máis sostible. En definitiva, preséntanse como un instrumento clave para facer fronte á perda de biodiversidade contribuíndo de forma esencial á saúde do planeta.
Este proxecto beneficiase dunha convocatoria de axudas, impulsada pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), para grandes proxectos transformadores de índole científico-técnica enfocados á promoción da bioeconomía e a contribución á transición ecolóxica, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) financiado cos fondos NextGenerationEU. O obxectivo deste programa do PRTR é identificar iniciativas transformadoras que impulsen a bioeconomía, entendida como unha oportunidade para amosar que a conservación dos recursos naturais pode ir da man de actividades que xeren desenvolvemento económico e social.
A convocatoria, que recibiu un total de 132 propostas, seleccionou 14 iniciativas, entre as que se atopa Fluviatilis, ao demostrar a súa contribución a resolver algún dos grandes retos ambientais e sociais para a conservación do noso patrimonio natural e biodiversidade e a creación de emprego.
Máis Información:
Ramsés Pérez
ramses@adega.gal
616 238 050
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal