Inicio / Novas / Educación ambiental / ADEGA organiza un encontro sobre a...
03-12-2021
O sábado 18 de decembro, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), organiza un encontro subvencionado pola Deputación de Pontevedra baixo as axudas dirixidas a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais. A actividade contará tamén co apoio do concello de Agolada.
O encontro terá por título, Xestión sustentábel do monte: caso do Sobreiral do Arnego. Dos vellos usos ás novas estratexias de conservación, e terá lugar na Casa da Cultura de Agolada.
Será en sesión de mañá e tarde; pola mañá haberá unha mesa redonda sobre a multifuncionalidade do monte na que se debatirá sobre os usos e posibilidades do monte dende o punto de vista social, ecolóxico e económico, poñendo por caso tamén o Sobreiral do Arnego.
Na segunda parte da mañá expoñerase o traballo que a asociación ADEGA ven realizando nas parcelas nas que teñen acordos de custodia do territorio.
Na sesión de tarde realizarase unha visita guiada ao Sobreiral de Arnego na que ADEGA dará a coñecer as actuación a desenvolver e se destacarán os valores ecolóxicos e usos culturais tradicionais da saca da cortiza.
Dende marzo de 2016, ADEGA ten un acordo de custodia do territorio coa familia propietaria da parcela coñecida como A Zarra da Pena na que dende esa data se están a realizar actuacións de divulgación e conservación dos seus valores naturais entre as que están;
eliminación de especies exóticas invasoras, seguimento de morcegos, recuperación de valados ou a creación dunha ruta coa instalación de panelería informativa.
Sesión da mañá
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal