ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Saída ao ZEC Bidueiral de Montederramo e P.N. do...

02-09-2021

Saída ao ZEC Bidueiral de Montederramo e P.N. do Invernadoiro

No ano 2014 ADEGA e SOREX botan a andar un programa de voluntariado ambiental para o estudo e seguimento de rilón (Glis glis) e quirópteros no P.N. do Invernadeiro e no ZEC Biduerial de Montederramo.

A finalidade do proxecto é realizar un estudo e seguimento das especies citadas así como fomentar a participación activa do voluntariado ambiental

Os días 07 e 08 de setembro, realizaranse as saídas aos espazos naturais de estudo e seguimento nos Espazos Naturais Protexidos, nomeadamente o Macizo Central Ourensán (ZEC Bidueiral de Montederramo e P.N do Invernadoiro), voluntariado ambiental, así como dous apartados adicados ao leirón cincento (Glis glis) e os quiróptros forestais.

O martes 7 de setembro será a saída correspondente ao Bidueiral de Montederramo e o mesmo día pola tarde a equipa de traballo desprazarase ao PN do Invernadoiro para realizar o estudo de quirópteros. O mércores 8 de setembro será a xornada de seguimento do rilón no PN do Invernadoiro.

Prazas limitadas e medidas Covid.

Para inscribirte manda un correo a : ramses@adega.gal  ou chamando ao 616 23 80 50

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal