ADEGA

Inicio / Novas / Todas / ADEGA Lugo renova a Directiva na Asemblea Xeral...

18-06-2021

ADEGA Lugo renova a Directiva na Asemblea Xeral celebrada o xoves 17 de xuño

ADEGA Lugo vén de celebrar a súa Asemblea Xeral bianual, na que por unanimidade renovouse a directiva da delegación, aprobáronse os informes de contas e futuras liñas de traballo.

Dende a delegación queremos agradecer a labor e dedicación de Montserrat Lombardía, a que ata agora foi a presidenta de ADEGA Lugo, que durante todos estes anos sempre estivo a disposición da asociación e do ecoloxismo. Grazas Montse!

Na Asemblea Xeral, aprobouse por unanimidade a renovación da Xunta Directiva, na que Adela Clorinda Figueroa Panisse será a presidenta, toma o cargo de vicepresidente Rubén Vidal, Esther Gómez Fórneas renova como secretaria, Xose Manuel Rodríguez Fernández como tesoureiro e como vogais Ana Mª Santamarina, Luz Susana Seoane e Lucía Anido.  

Aprobáronse as seguintes liñas de traballo:

  • Continuar co programa de roteiros.
  • Continuar na defensa dos corpos de auga e bosque de ribeira asociados en Lugo.
  • Proposta dun Congreso Internacional da Auga.
  • Loitar contra as agresións na xestión do lixo (vertedoiro do Carqueixo)
  • Loitar contra o desenvolvemento urbanístico depredador (Saamasas, Ronda Leste, Barrio Multiecolóxico ,o desenvolvemento do Ceao ou da Cheda).
  • Protección dos elementos patrimoniais tanto culturais como naturais.
  • Participar nos grupos de traballo de ADEGA Nacional contra a eucaliptización e a vaga eólica.
  • Promover a participación cidadá, a xustiza ecolóxica, a restauración (sumándonos á Declaración da ONU, que declara a década 2021/30 como a década da restauración dos ecosistemas), o eco feminismo e o decrecemento.
  • Mantemento da colaboración con outros colectivos e asociacións, para favorecer as sinerxías.  

Actividades desenvolvidas nos dous últimos anos

Ademais fíxose unha revisión de todas as actividades desenvolvidas:  

Roteiros. Como ven sendo costume desde hai 23 anos ADEGA Lugo celebra un roteiro por mes a diferentes lugares da Galiza. No Ano 2020 foran dedicados as relacións entre diferentes colectivos, Titulámolos:  
-          Roteiros Tecendo Redes. Apoio de outros colectivos. Foran programados: O Bierço, Con a Asociación Tyto Alba. Terras do Minho  Terras do Neira e fontes do Tordea con Amigos do Patrimonio de Castro Verde.O Lugo de Carvalho Calero. Escola oficial de Idiomas de Lugo. Madia Leva Asociaçom 20 anos na Historia de Lugo. As Marinhas Betanceiras con a asociación Roxin Roxal.Ancares, Negueira de Minhiz, A Fonsagrada Marinha Patrimonio. Muitos destes non se puideran facer polo confinamento do Corona Virus.
  -          Roteiros Dedicados ás águas vivas. As Bacias do Sil e do Minho Desde po Pedregal de Irimia atá a desembocadora do rio Minho. Salvemos o Malecon de Monforte, O Minho em Lugo para todas. A luita por un Rio, As águas mansas, A mestura das augas. O Berço das augas. Nacimento do Sil. O Avia viñateiro. Onde o Minho se entrega ao Mar. Baixo Minho e Portugal.   Alguns destes roteiros non puideron facerse pola COVID, máis a maioria fixeronse con grande exito de persoal.

Neste domingo dia 20 iremos pasear polo baixo Minho até Portugal.    

Durante os dous anos, e a pesar das restricións da pandemia, celebramos diferentes actos de divulgación obras culturais e de denuncia medio ambiental e urbanística.

Entre estas varias mesas redondas: Sobre o futuro traslado da Estación de Autobuses, sobre o ataque ao territorio pola invasión de eucaliptos e eólicos, ou sobre o lixo na cidade.

Preocupa-nos muito o ciclo das águas na cidade de Lugo. Citamos alguns destes actos:  

Actividades de comunicación e divulgación sobre a cultura e o medio ambiente, de asesoramento e denuncia ambiental, así como de xestión da actividade defensa ambiental da entidade na provincia de Lugo.

Elaboración de recursos, alegacións, informes; recursos xudiciais de expedientes administrativos que vulneran a lexislación ambiental ou cultural e personamentos nos diferentes casos. Denuncias de agresións urbanísticas na cidade de Lugo nomeadamente á urbanización As Saamasas, á esquina do carril das Flores, e alegacións ao PXOM de Lugo, concretamente á ampliación do Ceao, ou do5%que queda por aprobar.

Denuncia as agresións ao río, as obras acometidas polo Clube Fluvial, a estratexia DUSI do Concello de Lugo, o vertedoiro do Carqueixo, e tramitación das denuncias forestais, alegacións a proxectos eólicos.  


Participación en debates: O 5 de febreiro, a USC organizou dentro dos Encontros de Lúa Chea, unha charla coloquio na cafetaría da Politécnica na que se debatía sobre a posibilidade dunha minaría sostible. Para iso convidaron a Adela Figueroa, que participou neste debate que chegou a ser bastante intenso, e no que se falou entre outras cousas da minería urbana (recuperación de materiais nos vertedoiros), aínda que a outra persoa participante, Diego López, consideraba que a escala humana, a minaría é sostible. Foi un debate con moita participación.  


Celebración do Dia da Terra: O 22 de abril, celebrouse o DÍA DA TERRA, este ano ,e de xeito confinado, tivemos que recorrer a outros xeitos, e aproveitamos os recursos virtuais. Fixemos un chamamento a p todas aquelas persoas que quixeran participar que nos enviaran un vídeo no que recitaran un poema declarándolle amor á terra. Calificamos a proposta de exitosa, xa que recibimos ata 50 poemas, algún dende o Brasil. O propio día emitimos dende a canle de YouTube de ADEGA, acada hora e dende as10h da mañá, un vídeo con5 poemas.

Inspección de rios: Como todos os anos, saímos ata o rego do Segade para facer a análise das augas. Este ano participaron socias de ADEGA, ademais das xentes de Dignidade, asociación coa que a delegación de Lugo mantén unha parcería. A inspección de outono realizou se de maneira individual, xa que as restricións daquel momento impedían a reunión de persoas non convivintes.  

Xornadas de Verao: Os catro elementos: Despois do tempo de confinamento, quixemos retomar a actividade da delegación, e organizamos estas xornadas durante as fins de semana do mes de xullo. Auga, aire, terra e lume foron os protagonistas dos diferentes obradoiros e saídas. Fixemos un obradoiro de fornos solares, un obradoiro de papaventos, unha andaina na procura das fontes de Lugo e unha visita ás barreiras de Bonxe.  

Limpeza simultánea de Rios: O 27 de setembro, como todos os anos participamos na limpeza  simultánea de ríos, en parcería coa UNED, entidade coa que se asinou un convenio de colaboración neste mesmo ano, e na que tamén participou o colectivo Coidemos Lugo. A limpeza tivo lugar na confluencia do río Rato e o Miño. Fomos 21 voluntarias e comprobamos como as toalliñas supoñen un problema, xa que supuxo case o100% da tonelada retirada.  

Exposición na UNED: Durante o mes de outubro a UNED acolleu a exposición Unha invasión silenciosa: A biodiversidade baixo ameza.  

Mini San Froilan Asociativo: O 2020 tamén marcou o San Froilán Asociativo, xornada na que asociacións e colectivos da cidade colocamos un posto informativo, e tiveran lugar diferentes actos.  

Certame de video creación: Neste ano, tivemos a sorte de gañar un premio valorado en 400€ polo vídeo Dor e gloria da terra, dentro do certame organizado pola USC. Un vídeo de denuncia a través da poesía. O vídeo está dispoñible no YouTube de ADEGA. O premio doouse á Fundación Eira da Xoana  

Mesa redonda : É hora de tocar a rebato polo territorio: Para rematar o ano, organizamos unha mesa redonda para facer un chamamento da actual situación de emerxencia que se está a vivir no territorio. Contamos con Adela Figueroa, presidenta da Eira da Xoana, quen deu unha visión dos proxectos industriais que se están a promover en todo o País; Emilio Carral, co-autor do libro "O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa. O caso galego" que nos deu a visión doutros desenvolvementos posíbeis, e Jessica Rey, da Asociación Salvemos a Comarca de Ordes dentro da Rede Por un rural vivo, que falou da importancia das organizacións veciñais contra proxectos abusivos.  

Ciclo de mesas redondas Que cidade queremos? Durante o mes de febreiro organizamos un ciclo de mesas redondas virtuais, para analizar con persoas expertas no tema, como o urbanismo das cidades afecta na vida cotiá das persoas, e axuda a facer máis ou menos sostibles os nosos hábitos cotiás, mobilidade e urbanismo foron os eixos deste ciclo. Tamén organizamos un certame de vídeo creación, máis quedou deserto.  

Xornadas : Ecoloxía na Cidade, En colaboración coa UNED Durante o mes de abril organizamos as xornadas Ecoloxía na cidade, cunha andaina e limpeza nas nacentes do río Rato, e unha mesa redonda en formato mixto (virtual e presencial no Salón de Actos da UNED) na que abordamos a problemática da xeración e xestión do lixo nas cidades, concretamente na cidade de Lugo e solucións como as desenvoltas na cidade deVitoria-Gasteiz e a vila de Allariz.

Acción Global polo Clima: O 19 de marzo de 2021 unímonos ao chamamento do Movemento Galego polo Clima, e organizamos unha concentración no Parque de Rosalía, baixo o lema Non hai planeta B.

Mobilización contra o plan forestal do PP21 de marzo.
Dende Lugo sumámonos ás mobilizacións convocadas pola Plataforma Por un Monte galego con Futuro, coincidindo co día da Árbore, para opoñernos ao Plan Forestal proposto poloPP.  

Obradoiro de denuncias ambientais: Obradoiro sobre como elaborar denuncias ambientais, centrándonos nas do eido forestal. Neste encontro formativo de 2 horas, ADEGA trasladou ás participantes coñecementos básicos sobre a estrutura dunha denuncia ambiental e a que organismos dirixir os nosos escritos dependendo dos feitos que se denuncian ou solicitan, e que ferramentas dixitais de localización xeográfica son as máis efectivas para os nosos cometidos. Aprenderemos nocións básicas no manexo do SIXPAC ou do PNOA  

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal