ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / XIII Limpeza Simultánea de Ríos

24-09-2020

XIII Limpeza Simultánea de Ríos

A limpeza, que será este domingo, 27 de setembro, mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 49 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social. A limpeza conta co apoio de Augas de Galicia e o IET, e dos seguintes concellos: A Estrada, Arzúa, Ames, Carballo, Fene, Gondomar, Meis, Melide, Nigrán, Ourense, Pol, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Teo, Tomiño, Verín e Xinzo de Limia.

Este ano moitas das limpezas forman parte das accións que se están a desenvolver en relación á Semana Global de Accións polo Clima do día 27 de setembro.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Este proxecto é iniciativa de ADEGA e está promovido e financiado por Augas de Galicia, organismo que pertence á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
Este ano 2020 estamos de aniversario: 15 anos unindo ríos e persoas!  

Súmate á limpeza dos ríos de forma segura

Para levar a cabo a actuación existe un protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais, que se pode descargar en PDF da web da limpeza. Tamén se agasallará aos/ás voluntarios/as con unhas máscaras co lema da limpeza tecidas en algodón orgánico, reutilizables e feitas aquí en Galiza. Actualizouse a páxina web para a limpeza  onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes, promotoras e colaboradoras.  

Respectaranse tamén as indicacións pertinentes en relación á situación de pandemia provocada pola COVID-19 dependendo da situación sanitaria de cada zona. Dende o Proxecto Ríos recomendamos que  os grupos sexan de 10 persoas como máximo e se respecte sempre que sexa posible unha distancia de 1,5 m. O uso de máscara será de obrigatorio para todas as persoas participantes. Cada persoa voluntaria deberá levar as súas propias luvas.

Máis Info:
Paco Bañobre
pacobanhobre@adegal.gal
981 57 00 99

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal