ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
29/04/2014

O lobo en Galiza, no límite da súa viabilidade ecolóxica

5 anos despois, o Plano de Xestión do Lobo non revertíu as ameazas sobre esta xoia natural

As conclusións das III Xornadas sobre o lobo galego deste 26 de abril na Eira da Xoana son preocupantes: Con menos recursos alimenticios, máis barreiras entre hábitats e unha crecente presión cinexética, o lobo non ten garantida a súa supervivencia

+info

25/04/2014

A situación do lobo galego, a debate na Eira da Xoana

ADEGA organiza a III xornada sobre o lobo galego para avaliar a situación do lobo no país. Será na Eira da Xoana o 26 de abril, e contaremos coa presenza de expertos e de Marcos Rodríguez, que convivíu 12 anos con lobos e inspirou "Entrelobos"

+info

22/04/2014

No Día da Terra ADEGA, a FEG e a SGHN demandan á Xunta que aprobe a ampliación da Rede Natura 2000 galega

Feijóo e Hernández prometeron a ampliación da Rede Natura galega que, ao non aprobarse, perde 842 ha ao decaer a ZEPVN Miño-Neira. As entidades ecoloxistas galegas demandamos á Xunta que cumpra o seu compromiso e aprobe a ampliación da RN2000 xa!

+info

15/04/2014

Litoral protexido e bosques de ribeira, hábitats en perigo de extinción

Na Rede Natura; na proposta de ampliación da Rede Natura agora parada; en áreas que deberían estar protexidas e non o están porque interesan a alguén... As agresións a hábitats sensíbeis, quer o bosque de ribeira ou a costa, multiplícanse polo país

+info

11/04/2014

O problema da seguranza viaria en Galiza: Causa ou consecuencia dun modelo territorial perverso?

ADEGA vén de comparecer na Comisión Parlamentar sobre Seguranza Viaria para, alén de propoñer medidas concretas, achegar unha reflexión sobre a influenza do modelo territorial e as erradas políticas de transporte que se están a aplicar no país.

+info

28/03/2014

Plano Director da Rede Natura: o novo PXOM de Feijóo e Hernández

A Xunta vén de aprobar un Plano Director da Rede Natura con 4 anos de retraso e que pretende tralo verniz dunha falsa protección ambiental "abrir o melón" da especulación nas 390.000 hectáreas da RN2000 galega, a máis cativa en porcentaxe do estado

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal