Alta de socios/as
Bases e vantaxes
O teu apoio como socio/a faranos máis fortes. Poderemos traballar con maior eficacia pola consecución dos nosos obxectivos.
Participando en ADEGA contribuirás a que o ecoloxismo e a defensa do medio ambiente sexa máis influínte, apoiarás unha vía alternativa de desenvolvemento ecolóxico, loitarás contra a contaminación dos ríos e dos mares, do solo e do ar e favorecerás a conservación dos espazos naturais, da flora e da fauna.
Alén disto, como socio/a de ADEGA:
- quedarás subscrito/a á edición impresa da revista CERNA (revista galega de ecoloxía e medio ambiente),
- quedarás subscrito/a aos materiais que editemos (folletos,calendarios, etc.),
- gozarás de interesantes descontos nas actividades non gratuítas de ADEGA (roteiros, xornadas, etc.),
- poderás acceder ao fondo de documentación dispoñíbel na Asociación
- Desgravacións fiscais: do 80% ata 250€, e do 40% para os importes a maiores de 250€; e para persoas xurídicas, do 40%.
A nosa entidade vén de ser declarada de
Utilidade Pública mediante ORDE do 24 de marzo de 2017 da Vicepresidencia e consellaría da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Xa que logo, as túas cuotas e doazóns gozan dunha desgravación de ata o 80% no IRPF, aplicábel a partires do exercicio de 2017. Consulta con administración (981570099) para ampliar información.
Descarga e difunde o Tríptico
"ADEGA coida da Terra"
Os campos marcados con * son obrigatorios