ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Cultura e patrimonio / Presentación

Cultura e patrimonio

Eira da Xoana

Os estatutos de ADEGA recollen, no seu artigo 2, que a nosa entidade promove tamén a defensa do patrimonio e a cultura galegas, como expresión da interacción secular entre o territorio e os seus habitantes. Neste senso, ADEGA vén desenvolvendo unha variada programación de actividades nas que a defensa ambiental e o coñecemento da nosa diversidade natural vai sempre parella áo coñecemento e difusión do noso patrimonio cultural (língua, literatura, arte, costumes e etnografía, historia...), particularmente do vencellado aos saberes populares. en colaboración con outras entidades e redes culturais.

Moitas destas actividades artéllanse arredor da Eira da Xoana,o equipamento cultural que ADEGA posúe no Alto Ulla, na parroquia de Ramil (Agolada).

Esta infraestrutura composta por unha casa de labranza tradicional con varias fincas anexas pretende seo o centro de difusión dos saberes e a cultura tradicional, de coñecemento e dinamización cultural e de difusión das alternativas sustentábeis no medio rural.

A Eira da Xoana pretende funcionar como un Centro de Educación Ambiental e Patrimonial que dende o medio rural e para o medio rural achegue a cidadanía galega á cultura e o bon facer das nosas tradicións, retomando e divulgando os aspectos que fixeron que esta cultura fora sustentábel durantes séculos así como aportar ideas novas que melloren a situación do rural.


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal