Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Presentación
O particular sistema de asentamento humano en Galiza (disperso por todo o territorio) e a febre especuladora co monte (cultivos masivos de eucaliptos e piñeiros, grandes infraestructuras, apertura indiscriminada de pistas, incendios, parques eólicos e un longo etcétera) empobrecen significativamente a cantidade de especies que podemos atopar, o que nos indica un grao de conservación da biodiversidade realmente crítico.
Porén, inda son moitos os recunchos que agocha Galiza onde podemos observar especies e hábitats únicos, e é o noso deber como cidadanía defendelos e conservalos para que outras xeracións podan gozar deles.
Dende ADEGA denunciamos aqueles atentados ecolóxicos que empobrecen a nosa biodiversidade pero tamén damos alternativas para que as persoas coñezan e valoren este tesouro.
Son varios os programas nos que se pode participar para coñecer e conservar a biodiversidade, como voluntaria/o ambiental:
Proxecto Ríos
Charcas con Vida
Seguemento Leirón cinsento no Macizo Central
Eliminación especies invasoras
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal