ADEGA

Inicio / Proxectos / Proxecto Tea

Proxecto Tea

Eliminación de Flora Exótica Invasora

Os campos de voluntariado ambiental do Tea comezaron no ano 2007 en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, dentro do programa de Voluntariado en ríos da citada entidade. Dende o 2012 conta coa colaboración da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
A elección do río Tea veu motivada polo interese do Proxecto Ríos en desenvolver accións en espazos naturais de alto valor ecolóxico (LIC Río Tea), e tamén porque na contorna está a participar voluntariado do Proxecto Ríos de diferentes ámbitos (centros de ensino, asociacións, grupos ecoloxistas e particulares).









Tomándolle o pulso ao río Tea

O traballo realizado no primeiro campo de voluntariado foi o punto de partida para as futuras actuacións. Durante o mes de outubro de 2007, voluntarios ambientais de toda Galiza tomaron o pulso ao río Tea. Empregando a metodoloxía do Proxecto Ríos, realizouse unha análise da saúde do río e das súas marxes, e co resultado destas inspeccións, estableceuse unha diagnose do estado do río Tea e as liñas de actuación para as accións a desenvolver durante o período 2008-2016.













Curando o río Tea

Dos diferentes impactos atopados: vertidos, lixo, presenza de especies exóticas invasoras (EEI en diante), etc., a equipa de educadores, o voluntariado e expertos consultados, valoraron desenvolver accións encamiñadas a divulgar a problemática das EEI e experimentar métodos de erradicación. Acacia negra, falsa acacia, mimosa, tintureira, bambú, coniza e garrapatón, son as especies vexetais sobre as que se centrou o traballo dende o 2008. O lugar de actuación, desde os pasos de Tatín até a ponte Cernadelas (Concello de Mondariz), abrangue unha extensión duns 3 km lineais e uns 3000 m2, nos que se eliminaron máis de 10 Tn de EEI.
Actividades realizadas:
19 xornadas  de eliminación
15 itinerarios guiados
4 limpezas
3 descensos en kaiak


Ligazóns

Vídeos

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal