ADEGA

Inicio / Multimedia / Imaxes /

Imaxes

Neste apartado atoparás as imaxes tomadas por ADEGA ou que lle foron cedidas relativas ás súas actividades, actos reivindicativos, roldas de prensa ou xornadas de formación ou divulgación. Compárteas e difúndeas!

Roteiro polos castros do Courel

O pasado 25 de outubro ADEGA-Lugo inaugurou o ciclo de roteiros "Memoria Pétrea" cunha visita aos castros do Courel. Desta volta, os roteiros están dedicados a coñecer enclaves e elementos patrimoniais da nosa Cultura máis antiga, como son os castros. O roteiro rematou cun magosto. Máis imaxes en google+

Roteiro pola Illa de Cortegada

A Illa de Cortegada e o seu bosque de loureiros, único na Península Ibérica, foi o lugar elixido por ADEGA-Lugo para poñer fin ao ciclo de roteiros "Cousa de Raíces" destinado a poñer en valor os distintos bosques de Galiza. Aquí van unhas imaxes...

Roteiro polo bosque de inundación de Begonte

Neste apartado, gozarás dalgunhas das fotografías que foron tomadas no discorrer do roteiro "Cousa de Raíces" dedicado ao bosque de inudación e celebrado na Reserva da Biosfera Terras do Miño, na localidade de Begonte. Esta ruta formou parte do ciclo de roteiros "Cousa de Raíces" organizado por ADEGA no primeiro semestre de 2015 para dar a coñecer a variedade de bosques galegos.

Roteiro polo sobreiral do Arnego

O 19 de abril de 2015, ADEGA realizou outro roteiro Cousa de Raíces" a prol do bosque galego, a carón do río Arnego de Agolada ata o sobreiral que tamén leva o nome do efluente. Algunhas das sobreiras máis impresionantes de Galiza, vímolas nesta ruta.

Roteiro polos xacementos arqueolóxicos da Mariña

O 22 de marzo de 2015, día de mareas vivas, ADEGA, Mariñapatrimonio, Cultura do País, e outros 5 colectivos de defensa patrimonial visitamos varios dos numerosos xacementos arqueolóxicos que acolle a costa de Lugo e que poden estar en risco de desaparición se non se catalogas e estudan. Aquí vai unha mostra dalgúns deles.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal