ADEGA

Inicio / Organización / Delegacións / Vigo

Vigo

Rúa Romil nº 3 (baixo)
36202 Vigo

  • Teléfono: 629 271 224

ADEGA Vigo reúnese os primeiros e terceiros mércores de cada mes, ás 20:00h, no C.S. a Cova dos Ratos (rúa Romil nº 3, Vigo). Agardámoste!

A delegación ADEGA-Vigo. Queres participar?

XI Limpeza Simultánea de ríos en Vigo

A delegación ADEGA-Vigo realiza xuntanzas todos os primeiros e terceiros mércores (cuarta-feira) de cada mes, ás 20:00h, no C.S.A. a Cova dos Ratos (rúa Romil nº 3, Vigo). Nestas xuntanzas, as socias e socios debatemos sobre os diferentes puntos a tratar de xeito horizontal e participativo, e convidamos a calquera persoa que queira asistir co gallo de resolver dúbidas, achegar ideas ou queira traer unha problemática de índole ambiental. Anímaste a participar na defensa do medio ambiente connosco?

Agardámoste!

Obxectivos

A delegación ADEGA-Vigo pretende dar una resposta na defensa do medio ambiente e do patrimonio natural de Vigo e sur de Pontevedra, e para iso vertébrase en tres eixos principais de actuación:

  1. Bosques e biodiversidade 
  2. Auga: ríos e litoral
  3. Cidade sostible, mobilidade e residuos   
A súa vez está composta por diferentes vogalías e grupos de traballo co obxectivo de tratar problemáticas ambientais específicas, realizando así campañas, denuncias, alegacións ou actividades de educación ambiental.

Deste xeito, un dos principais obxectivos marcados na delegación é a de dar resposta a proxectos e actuacións que poidan afectar negativamente ao patrimonio natural e ecolóxico da nosa contorna, cometido que realizamos a través da presentación de alegacións e de denuncias ambientais. Mais tamén, ante a importancia de poñer en valor os elementos naturais presentes no medio, levamos a cabo accións de educación ambiental con diferentes campañas de sensibilización e de accións de intervención e de custodia do territorio.

Contacta!

Podes contactar en calquera momento coa delegación de ADEGA-Vigo a través do correo adegavigo@adega.gal


Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal