ADEGA Cadernos

Inicio / Números anteriores / Caderno nº 1 - Minicentrais...

Setembro 1996

Caderno nº 1 - Minicentrais hidroeléctricas / Enerxía eólica

Artigos do Caderno nº 1

APRESENTACIÓN: por un plan enerxético galego sustentábel

Manuel Soto Castiñeira

Páx. 4-6

Para os grupos ecoloxistas galegos o eido da enerxía ten sido un foco de atención permanente, polo grave impacto derivado das infraestruturas enerxéticas ou polas emisións contaminantes e mesmo polo intento de instalar unha central nuclear. Fronte a estas enerxías suxas, non renovábeis e perigosas, vimos defendendo desde sempre a promoción das fontes alternativas, que deben ser renovábeis e de baixo impacto ambiental, así como a racionalización do consumo e o aforro enerxético.Temos que ser conscientes por tanto das múltiples implicacións do problema enerxético, e da complexidade da elaboración dunha proposta enerxética razoábel, que teña como obxectivo a minimización do seu impacto ambiental.

Parte I: O impacto ecolóxico das minicentrais na Galiza

Manuel Soto Castiñeira

Páx. 7-28

Neste longo artigo, Manuel Soto Castiñeira, fala amplamente do impacto ambiental das minicentrais orixinados durante a fase de construción e durante a fase de explotación no que os impactos poden ser numerosos.A enerxía hidroeléctrica caracterizase por ser renovable, e a súa utilización non incide no efecto invernadoiro. Estes son dous dos aspectos mais positivos desta fonte enerxética, candose compara cos combustíbeis fósiles. Porén a construción de grandes presas supuxo historicamente unha grave ameza para os ecosistemas naturais, principalmente os ríos e hábitats relacionados con eles.Así pois, a enerxía minihidráulica deixou de ser unha enerxía libre de consecuencias ambientais e sociais negativas. Cada proxecto debe ser analizado por separado, xa que as súas características, xuntamente coas condicións do lugar de ubicación, e as garantías de cumprimento das prescricións ambientais determinan a gravidade do seu impacto ecolóxico ou a posibilidade real de minimizalo.

Parte II: A problemática da enerxía eólica na Galiza

Ramón Varela Díaz

Páx. 29-42

Este artigo trata a enerxía eólica, que se encadra dentro das enerxías renovábeis e estas tamén están consideradas como moito menos contaminantes que as enerxías clásicas.No pasado, a captación da enerxía do vento procedía de técnicas moi antigas pero a principios do século XX aparece en Francia o muíño tipo Darrieus, que son os primeiros muíños rápidos que arrastran xeradores eléctricos e son moito mais lixeiros e con un maior rendemento.En canto o impacto, a enerxía eólica é sen dúbida de moito menor impacto que as enerxías clásicas, aínda que se teñan que considerar determinados aspectos problemáticos para o ambiente xa que os parques eólicos van a ocupar grandes extensións de terreo na cima do monte no que será preciso preparar o solo e instalar plataformas de cemento o que causa problemas estéticos e de alteración da paisaxe.Neste aspecto, Galiza pode converterse no parque eólico de experimentación e explotación mais importante de Europa no que a Xunta debería frear a instalación destes parques e debería iniciar un estudo de aproveitamento eólico descentralizado en Galiza. Ademais os parques eólicos deberían levar inexcusabelmente e de forma paralela un plan de redución de produción de electricidade das térmicas e hidroeléctricas, causantes na Galiza dun grande impacto ecolóxico.

ADEGA Cadernos
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:adega@adega.gal