Inicio / Números anteriores / Caderno nº 20 -...
Páx. 5-7
Biomasa é toda materia orgánica de orixe animal ou vexetal, viva ou morta, queabrangue produtos, subprodutos e residuos de diferentes procesos e instalacións.Como materia orgánica, contén unha moi valiosa enerxía que se pode extraer eaproveitar por combustión directa ou indirecta, mais é obvio que a biomasa –vivaou morta– xoga un papel fundamental no equilibrio dos ecosistemas e tamén comorecurso para satisfacer outras moitas necesidades humanas. Hoxe, a maior parte dasuperficie do planeta, directamente aproveitado polas sociedades humanas, destínaseá produción de alimentos e, en menor medida, de fibra (papel, materiais construtivose outros produtos). A obtención de enerxía da biomasa pola humanidade é tanantiga como o descubrimento do manexo do lume, porén, os usos actuais e futurospoden ter pouco que ver coas prácticas coñecidas de recollida e uso da leña; cambianas formas, pero cambian especialmente os ritmos e as cantidades. Así, non ésorprendente que a incipiente implantación de cultivos enerxéticos colida conaspectos básicos de funcionamento dos ecosistemas e coas necesidades básicasdunha maioría da humanidade.Pois ben, desde posicións plurais, os números 20 e 21 dos ADEGA-Cadernos reúnen unhamanchea de artigos e colaboracións sobre a biomasa chegados desde diversos eidoscomo o da ciencia e a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico, a conservacióndos ecosistemas ou as comunidades rurais e agrícolas. Galiza está a ser escenariode investigacións básicas e aplicadas no desenvolvemento de agrocombustibles,para alén de presentar unha elevada produtividade agroforestal (no contexto español e europeo) e contar xa con plantas de transformación de biomasa procedentede terceiros países. De aí o interese en tratarmos esta temática de clara actualidadee importantes consecuencias para o noso futuro e o de toda a humanidade.
Páx. 9-15
Na actualidade, a temática dos biocombustibles ocupa un lugar de privilexio naaxenda de todos os medios de comunicación e é un auténtico cabalo de batalla entodos os foros, discusións e preocupacións de gobernantes, técnicos e empresarios.Ten, por tanto, moitas implicacións e diferentes miradas e lecturas segundo o sectorafectado. Nesta liña de pensamento, nos derradeiros quince anos, téntase amosaresta problemática desde a mirada da biotecnoloxía como solución mais axeitada econ diferentes actuacións, e que teñen como obxectivo principal satisfaceren asnecesidades e os retos futuros en relación á produción de compostos químicos estratéxicos.Este tipo de novos produtos trata de conxugar a diminución nos custos deprodución e, como non podería ser doutro xeito, co coidado do medio. Pódese definir unha biorrefinaría como “o medio de produción que integra procesosde conversión de biomasa e equipos para producir combustible, enerxía e produtosquímicos a partir súa”.
Páx. 17-26
Neste artigo tratamos dunha forma moi esquemática a cuestión dosusos industriais da biomasa, fronte á amplitude dos procesos posibles de transformación,dos tipos e características das materias primas, e mesmo das implicaciónssociais e económicas que aquí non se mencionaron. Os autores quixeron só proporcionarunha idea introdutoria da abraiante variedade de recursos, desde un punto devista químico e de materiais, que nos proporciona a biomasa. Ese abano de produtos(azucres, fenois, terpenos, graxas, proteínas, esterois …) é moi superior ao docru petrolífero –que practicamente só presenta hidrocarburos- chegando a representarcase todos os grupos funcionais químicos, e xa están nesas formas na propiaplanta: a natureza fixo a primeira etapa sintética. En resumo, a biomasa vexetal proporcionatal variedade de compostos e tan quimicamente versátiles, que pode constituírun verdadeiro substituto para o petróleo como materia prima renovable. Pero a competencia da biomasa neste campo como fonte de enerxía aínda está lonxe deser unha alternativa válida a grande escala.
Páx. 27-35
Nun planeta que baseou o seu modelo de desenvolvemento na produción e oconsumo de enerxía, é fundamental ser conscientes de que estes dous procesos hande ser sustentables social, económica, ambiental e culturalmente. Non obstante, oprogreso dos países desenvolvidos, nos últimos 150 anos, baseouse nun elevadoconsumo de enerxía e en fontes enerxéticas que deron lugar a unha situación insostibledesde o punto de vista socioeconómico e ambiental, ligada fundamentalmenteá inseguridade enerxética, a emisión de gases de efecto invernadoiro e a non renovabilidadedos recursos enerxéticos empregados. A carencia e/ou o abuso no consumoenerxético provocou grandes diferenzas, e mesmo enfrontamentos sociais e adegradación e desaparición dalgunhas culturas.A pesar diso, é indubidable a relación existente entre o desenvolvemento humanoe a enerxía. Máis aínda, o acceso á enerxía favorece o acceso a servizos básicosimprescindibles para a vida humana como a auga, a alimentación, a educación ou asaúde e contribúe á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.Non obstante, as fontes enerxéticas utilizadas ata agora (petróleo, carbón, fundamentalmente)son altamente contaminantes e proveñen de elementos que existennunha cantidade limitada no planeta, polo que máis pronto ou máis tarde se esgotarán.Por iso, nos últimos anos houbo unha promoción das fontes de enerxía renovables,isto é, fontes que de se explotar racionalmente, poderían procurar enerxíadurante un tempo ilimitado. Como consecuencia, existe unha aposta internacionalpolo uso de fontes enerxéticas renovables no mix enerxético.
Páx. 37-43
Antes de entrar a responder esta pregunta cómpre analizar a fondo o por que, e opara que dos cultivos enerxéticos e tamén os impactos de tipo social e ambiental.Parece que agora, e de repente, os nosos gobernantes descubriron que os agrocombustíbeisvan ser a solución máxica a un montón de problemas: contaminación,crise climática, crise enerxética...Pero a realidade amosa que non é posíbel resolver ningún dos problemas a quenos enfrontamos se non hai un cuestionamento profundo dos modelos de desenvolvemento,de consumo, produción e mercado implantados polas políticas neoliberaisdesta fase do capitalismo. Políticas que, no caso da agricultura e da alimentaciónprovocaron graves danos sociais e ambientais en todo o planeta e contribúen fortementeao quentamento global e á crise enerxética.
Páx. 45-53
A mediados do ano 2006, cunha Xunta de Galicia proclive ao desenvolvementodunha política forestal integrada no desenvolvemento rural, redáctase a “Proposta deaproveitamento da biomasa forestal primaria do monte veciñal en man común e deinstalación dunha planta de produción de calor no Centro Multiusos da Comunidadede montes de Xinzo. Ponteareas (Pontevedra)”. Esta proposta fíxose chegar áDirección Xeral de Montes e Industrias Forestais e ao Instituto Enerxético deGalicia, ambos os organismos representaban entón a Galicia, xunto coa AsociaciónForestal de Galicia, como socios, no proxecto de cooperación transrexionalEnersilva “Promoción del uso de la biomasa forestal con fines energéticos en elsuroeste de Europa”. En xuño de 2007 asinouse o “Convenio de colaboración para ofomento do aproveitamento da biomasa forestal primaria en Galicia” entre aConsellería do Medio Rural, a Consellería de Innovación e Industria, a AsociaciónForestal de Galicia e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Xinzo.