ADEGA Cadernos

Inicio / Números anteriores / Caderno nº 7 - Vacas tolas...

Xullo 2001

Caderno nº 7 - Vacas tolas e agroecoloxía na Galiza

Artigos do Caderno nº 7

Presentación

Redacción

Páx. 5-6

Confírmase as expectativas previstas de que esta enfermidade remataría espallándose por toda Europa. Cumpre reflexionar sobre isto, pois sendo claro que de non tomar medidas a EEB estenderíase por toda Europa e atinxiría tamén a Galiza , e tendo en conta a forte intervención pública no sector agrogandeiro, non se pode entender como as autoridades galegas permaneceron de brazos cruzados diante da fraudulenta comercialización de pensos e fariñas cárnicas para a alimentación do gando vacún.A actuación de ADEGA neste conflito baseouse na existencia doutras alternativas menos contaminantes para o tratamento destes materiais e na idea de que desfacerse dos residuos non é solución suficiente.A solución real está na reconversión gradual, efectiva e completa, do actual modelo agrogandeiro a unha agrogandeiría ecolóxica, baseada no desenvolvemento dos recursos endóxenos e locais e no mantemento da biodiversidade e da diversidade produtiva, ademais de prescindir dos produtos agroquímicos.

Encefalopatía esponxiforme bovina (EEB) e outras encefalopatías transmisibeis(EET)

Enrique A. González García

Páx. 7-14

O coñecemento de que en España existen casos positivos de encefalopatía esponxiforme bovina, ten confirmado as expectativas previstas de que dita enfermidade remataría espallándose por toda Europa e por tanto espertando unha grande inquedanza tanto en sectores profesionais como na sociedade en xeral.Esta crise haberá que asumila e tentar paliala coas correspondentes axudas e programas de recuperación da actividade, unha vez acoutado e controlado o problema, mais non se debe deixar influír os aspectos simplemente económicos nas decisións técnicas que permitan incrementar a seguridade alimentaria dos consumidores, que está a ser o punto clave cara ao que miran os acordos sobre este tema da Unión Europea.Na revisión sobre a EEB e outras encefalopatías transmisíbeis recollida neste artigo, trátase de poñer o día os coñecementos existentes sobre a enfermidade e as súas causas, así como revisalas conclusións obtidas no Reino Unido logo de catorce anos de experiencia sobre o tema.

Encefalopatías esponxiformes transmisibeis (EET)

Enrique A. González García

Páx. 15-32

Aínda que o axente causal é un prión non é menos certo que algúns investigadores teñen postulado outros posíbeis axentes infecciosos menos probábeis causados por un novo tipo de axente, de natureza exclusivamente proteica.Pódese analizar a transmisibilidade da EEB nos tres patróns posíbeis: transmisión horizontal, transmisión vertical e transmisión paternal-maternal aínda que non se dispón de probas definitivas que evidencien ou impliquen de xeito significativo a ningún destes patróns, pola contra de datos que aparentemente os descartan como probábeis.Tentouse transmitir a EEB a outras especies animais con dous obxectivos: identificar os animais sensibles alternativos, cubrindo distintas especies e analizar a posibilidade de que a epidemia do gando bovino puidera estenderse a outros animais.A proba definitiva de diagnóstico para a EBB é a análise histopatolóxica do tecido cerebral dos animais sacrificados. Calquera outra proba que se aplique deberá constatarse con esta, para a determinación de lesións esponxiformes no animal positivo, segundo as normas de diagnóstico do manual da Unión Europea para o control da EEB.

Encefalopatías esponxiformes (EE) transmisibeis na especie humana e relación coa EE bovina

Xesús B. Otero Costas

Páx. 33-38

As encefalopatías esponxiformes transmisíbeis (EET) na especie humana forman un grupo de enfermidades documentadas clinicamente dende os anos vinte.O carácter transmisíbel da enfermidade estimulou a investigación deste tipo de patoloxía que adquiriu un interese crecente pola rareza do seu asente causante. Propúxose como tal un certo tipo de virus(virus lentos), un virus con características diferentes as coñecidas(virus non convencional) ou un axente non vírico (ATNC). En 1997 sostíñanse varias hipóteses, das que é interesante facer referencia ás tres máis aceptadas. Segundo a primeira, o axente causante das EET sería una proteína(prión), unha segunda hipótese propoñía un virus pequeno difícil de illar, e a terceira era partidaria dun virino (pequena molécula con capacidade para transmitir información). Na actualidade admítese maioritariamente a primeira.

As vacas tolas: cadro sintomático dunha sociedade doente

Xesús B. Otero Costas

Páx. 39-48

Nun primeiro momento, iniciaremos xuntos un percorrido polas causas do mal das vacas tolas, que nos conducirá a cuestionar o seu aspecto conxuntural e a situación noutros lares, como síntoma da disfunción xerada polo modelo de produción dominante no agro e noutros eidos das nosas sociedades. Nunha segunda parte, percorreremos as alternativas que se presentan para facer fronte a esta crise de modelo produtivo.

Alternativas desde a agroecoloxía

Xan Pouliquen

Páx. 49-58

A esta altura, o sistema capitalista mundial corre perigo de cambalear, polo que é necesario un cambio de rumbo que, sen desviarse do mesmo obxectivo final consistente no lucro a través de explotación, prové a verba “ecolóxico”. O “ecolóxico” permite por unha banda unha nova lexitimación do sistema, e pola outra, participa do obxectivo final de acumulación capitalista. De aí o xurdimento de agriculturas “ respectuosas co medio” promovidas desde o pode. Fronte a elas, é necesario o redescubrimento das identidades propias que potencien novos modelos de desenvolvemento endóxenos dos recursos, tanto naturais como humanos, coa perspectiva de construír un planeta habitábel para todas as sociedades do futuro.Por tanto, as alternativas pódense clasificar en dous grandes bloques: aquelas que xorden do poder dominante, e as ligadas ás periferias.

ADEGA Cadernos
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:adega@adega.gal