ADEGA Cadernos

Inicio / Números anteriores / Caderno nº 21 -...

Novembro 2011

Caderno nº 21 - Biocombustibles e biomasa forestal (II)

Artigos do Caderno nº 21

Aproveitamento da biomasa forestal mediante roza e os seus efectos ecolóxicos

M.ª Mercedes Casal, Ana Muñoz e Xosé Manoel Pesqueira

Páx. 5-11

Até mediados do século XX, o monte foi unha parte fundamental na economíatradicional do centro e norte da península Ibérica grazas aos seus distintos aproveitamentos. É fundamental o papel do monte como produtor de madeira e leña, como soporte da gandaría, con achegas de pasto, e tamén como fonte doutros produtos diversos como a caza, o mel, froitos etc. Entre eles a biomasa forestal foi e é, sen dúbida, un recurso abundante do monte galego. Cando se decide explotar a biomasa dun ecosistema determinado, o impacto ambiental será diferente dependendo da xénese desa biomasa, por iso abordaremos neste artigo os efectos desta práctica e como se debe xestionar de xeito sustentable.

A biomasa: O seu papel na preservación de solos e na captura de CO2

César Pérez-Cruzado, Miguel Ángel Balboa-Murias, Andrea Ferreiro-Fernández, Agustín Merino e Roque Rodríguez-Soalleiro

Páx. 13-22

Neste traballo faise unha reflexión sobre os efectos do aproveitamento e cultivo da biomasa sobre o solo e sobre a captura de CO2. Trátanse temas relacionados coas opcións de mitigación do efecto invernadoiro polos cultivos enerxéticos, así como o efecto da xestión dos cultivos enerxéticos sobre a materia orgánica do solo e sobre a degradación deste. Por último, achégase unha serie de recomendacións de xestión das plantacións enerxéticas.

A codixestión anaerobia como sistema de produción de enerxía a partir de residuos

Juan A. Álvarez e María Dolores Garabatos Pardo

Páx. 23-38

A dixestión anaerobia é un proceso biolóxico en que a materia orgánica, en ausencia de osíxeno e pola acción dun grupo específico de bacterias, se transforma en produtos gasosos ou “biogás” (CH4, CO2, H2, H2S, etc.) e nun “dixestato”, que é unha mestura de sales minerais (con N, P, K, Ca etc.) e materia orgánica de difícil degradación.O biogás contén unha elevada porcentaxe de metano, CH4, (50-70%) e é susceptible dun aproveitamento enerxético mediante combustión en motores, turbinas ou caldeiras, quer illadamente, quer mesturado con outros combustibles. O proceso controlado da dixestión anaerobia é un dos máis adecuados para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, para a produción de enerxía a partir de residuos orgánicos e mais para o mantemento e posta en valor do valor fertilizante dos produtos procesados.A dixestión anaerobia pode aplicarse, entre outros, a residuos agrícolas e gandeiros, residuos urbanos (fracción orgánica de residuos urbanos, lodos de depuradoras municipais...) e os residuos procedentes da pesca e da industria (fundamentalmente agroalimentarios). Estes residuos poden ser tratados por separado ou en conxunto, o que se coñece como codixestión. O proceso de dixestión anaerobia é tamén axeitado para o tratamento de augas residuais de elevada carga orgánica, caso das producidas en industrias de alimentos diversos.

O uso de invertebrados como materia prima para producir biodiésel

Alfredo Llecha Galiñares, José A. Rodríguez Añón, Xurxo Proupín Castiñeiras e María Villanueva López

Páx. 39-45

Como unha consecuencia natural do uso insostible e irracional dos recursos enerxéticosaparece inevitablemente unha situación de crise. Este panorama incerto, e que pon en verdadeiro perigo a sociedade que coñecemos actualmente, fai que se estean a desenvolver multitude de iniciativas no eido das enerxías renovables, dentro das cales xorden os biocombustibles. Nos derradeiros catro anos investigadores da empresa AA Solar Fotovoltaica S. L. e do Grupo de investigación TERBIPROMAT da USC están a investigar en biocombustibles que poderiamos denominar de terceira xeración. Nesta investigación desenvólvese un proceso para producir, por un lado, biodiésel a partir dunha fonte que historicamente foi renovable, os invertebrados, e polo outro uns subprodutos que poidan utilizarse na industria primaria da alimentación, especialmente en granxas avícolas e/ou piscícolas. A maiores ábrese a posibilidade de utilizar invertebrados cuxa alimentación se basea ou ben en subprodutos residuais da industria agroalimentaria, ou ben na gandeira como o xurro e poder así solucionar un grave problema de deterioración ambiental que está a limitar o desenvolvemento destes sectores na nosa comunidade autónoma.A produción de biodiésel utilizando como materia prima invertebrados engloba as vantaxes propias do elaborado a partir de especies vexetais consistentes en diminuír entre un 25% a un 80% as emisións de inqueimados e partículas, CO2 e outros compostos como CO, NOx, responsables do efecto invernadoiro, en reducir o desgaste de determinados compoñentes dos motores polo seu maior índice de octano e lubricidade, en non ter compostos de xofre nin aromáticos polinucleares, ou en recuperar economías a escala no tecido rural, mais a maiores ofrece a non competencia con intereses alimentarios, a necesidade de extensións moito menores de terreo paraa implantación de instalacións.Por tanto, a proposta de obter biocombustibles a partir de invertebrados ofrécese como unha alternativa á liña de investigación habitual de xerar aceites a partir de especies vexetais, tanto terrestres como mariñas, e que aínda que se implantou con moita forza hai unhas décadas, na actualidade comeza a ter detractores a todos os niveis.

O Proxecto “Quality Wood”: Leña ecoeficiente e de calidade

Gonzalo Veiras

Páx. 47-58

Este proxecto, financiado polo programa Altener da Unión Europea, foi realizadopolos organismos VTT de Finlandia, SINTEF de Noruega, ADEME de Francia,AEA de Austria, e CENER e CIS-Madeira de España. Os obxectivos fundamentaisdo estudo foron incentivar o uso da leña como biocombustible a partir da mellora dacalidade da leña, mediante a promoción de sistemas máis sofisticados de producióne loxística, o fomento da profesionalización da súa produción e comercialización e,por último, ofrecer información práctica de como mellorar a eficiencia e diminuír asemisións na súa combustión.

ADEGA Cadernos
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:adega@adega.gal