ADEGA Cadernos

Inicio / Números anteriores / Caderno nº 14 - Os ríos...

Abril 2005

Caderno nº 14 - Os ríos galegos (I): Calidade e biodiversidade

Artigos do Caderno nº 14

Presentación

Manuel Soto Castiñeira

Páx. 5 - 8

Os ríos galegos caracterízanse por unha elevada biodiversidade dentro do seucontexto ibérico e europeo. Ademais a grande porcentaxe de endemismos outórganlle un valor excepcional na actual situación mundial de crise ecolóxica. Isto ven a sumarse ao transcendental papel que os ríos xogaron na economía tradicional e na conformación das características socioculturais e psicolóxicas do pobo galego.Diversos expertos teñen constatado, porén, que a situación actual dos ríos galegos está moi lonxe de achegarse á cualificación de “bo estado”, segundo o define a Directiva Marco da Auga.O caderno estrutúrase en dous volumes, correspondentes aos números 14 e 15. Comeza coa descrición do río como ecosistema, analizando a incidencia das súas catro dimensións espaciais e temporal.Continúa coa descrición en detalle non só da flora senón tamén da vexetación, é dicir, das formacións vexetais propias dos nosos ríos.

O río como ecosistema

Fernando Cobo Grandín e Rufino Vieira Lanero

Páx. 9 - 14

Adóitase considerar aos lagos e lagoas como ecosistemas pechados, caracterizadospolo seu predominio da produción primaria autóctona e os seus limitados intercambiosco exterior, mentres que, polo contrario, os ríos son ecosistemas abertos nos que a entrada maioritaria de enerxía procede do ecosistema terrestre adxacente.Así, a diferenciación entre augas estancadas, que se definen como medios lénticos,en contraposición ao termo de medios lóticos para as augas correntes, ten un significado ecolóxico moito mais amplo. De feito, os ríos son entidades en continuocambio que están estreitamente ligados aos ecosistemas terrestres adxacentes.Esta é unha premisa chave para a comprensión do seu funcionamento e a súa evolución, e por iso os hidrobiólogos miran a conca hidrográfica coma unha unidade funcional.A conca inflúe enormemente na vida do ecosistema fluvial, pois, entre outrascousas, a súa superficie determina o volume de augas recollidas, a cobertura vexetaldirixe parcialmente a distribución das augas de escorrentía e de evaporación, eademais, a auga, en función da natureza dos terreos que atravesa no seu percorrido,énchese de materia orgánica e de sais minerais.

Sobre a flora e a vexetación dos ríos de Galiza

Xavier Amigo

Páx. 15 - 30

Neste artigo falaremos dos compoñentes biolóxicos dos ríos que teñen que ver coa Botánica. Centrarémonos nos organismos absolutamente maioritarios que compoñen a diversidade vexetal, tanto dos ríos como da maioría dos ecosistemas terrestres, que son as plantas vasculares; as tamén chamadas plantas superiores, cuxa estrutura básica resúltanos a todos familiar por distinguir nelas raíces, talos e follas.Delimitado isto hai que facer outra gran disociación de conceptos relativa aomundo vexetal dos ríos e que imos utilizar nesta exposición. Revisaremos que compoñentes vexetais van ligados aos ríos, primeiro abordando a flora e despois a vexetación.

Macroinvertebrados dos ríos galegos biodiversidade e valor de conservación

Marcos A. González e Fernando Cobo Gradín

Páx. 31 - 36

Neste artígo falaremos sobre macroinvertebrados das augas doces galegas que está conformados en preto de 140 familias que inclúen unhas 1314 especies, dos cales a maior parte son insectos acuáticos. Ademais disto estimamos que existen outras 700 especies das que non dispomos de ningún tipo de información. Pero pola contra sabemos que aproximadamente unhas 200 especies que poboan as nosas augas serían endemismos ibérico. Soamente o 25% dos grupos faunísticos do bentos fluvial son coñecidos e foron estudados por especialistas.

Réptiles, aves e mamíferos dos ríos galegos

Xesús Santamarina Fernández

Páx. 37 - 41

O bosque ripario permitiu en moitas zonas a conservación da vexetación caducifolia autóctona constituíndo un refuxio moi importante para numerosas especies de fauna. Entre as especies que dependen na súa alimentación dos invertebrados bentónicos destacan o merlo rieiro, a aguaneira, a lavandeira real e tamén o musgaño de Cabrera e o patibranco.Algunhas especies de réptiles, aves e mamíferos aliméntanse doutros vertebrados. Entres eles destaca a cóbrega sapeira, o sapoconcho, o picapeixe, a garza real, o corvo mariño grande e a lontra. Falaremos disto durante o artigo.

Declive dos anfibios nos ríos galegos

Ricardo Ferreiro Sanjurjo

Páx. 43 - 53

Os anfibios son considerados tradicionalmente animais pouco atractivos e inclusorepulsivos. Desgraciadamente as estratexias de conservación da natureza teñenestado (e continúan estando) demasiado influenciadas pola estética humana e sórecentemente, especialmente tras a celebración do convenio sobre biodiversidadecelebrado en Rio de Janeiro en 1992, comézase a comprender a importancia da preservación de todos os elementos que constitúen a biodiversidade.Os anfibios están a sufrir un declive en todo o planeta. Debido ao carácter universaldesta ameaza, máis que centrármonos unicamente no estado das poboaciónsgalegas de anfibios creo necesario considerar o que está a acontecer a nivel global eachegármonos dende esta perspectiva a situación en Galiza.

ADEGA Cadernos
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:adega@adega.gal