ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / AIRE: Roteiro identificación de aves na...

20-08-2022

AIRE: Roteiro identificación de aves na zona de Coeses (Lugo)

Este sábado 20 de agosto, de 10 ata ás 13h retomamos o roteiro identificativo de aves, que tivemos que adiar o pasado mes de xullo. 

Achegarémonos a Coeses, para facer unha iniciación na identificación de aves. Aprenderemos algunhas características das aves habituais deste tipo de hábitats, como son o cirrio, a pimpina, ou o reiseñor bastardo. Tamén aprenderemos a recoñecelas a través do seu canto, agardemos escoitar as variadas melodias da Folosa amarela (Hippolais polyglotta) e da papuxa das amoras.

Será Roi Cuba, presidente de ADEGA quen nos guiará nesta andaina, nun percorrido duns 6Km. 

Recoméndase levar uns prismáticos e guías de identificación de aves, ademais de auga, e gorro para protexerse do sol. Parte da ruta trascorre por unha estrada asfaltada, polo que é recomendábel tamén traer un chaleco reflectante. 

A ruta é accesíbel para cadeiras de rodas, pero hai que ter en conta que non hai aseos durante o percorrido.

O punto de encontro é ás 10h na estrada de Soñar a Coeses onde cruza a A-54.

Para participar é preciso inscribirse na actividade escribindo un correo electrónico a adegalugo@adega.gal, ou chamando ao 982240299.

Podemos coordinar os coches para achegarnos ao punto de encontro dende Lugo, polo que, á hora de facer a reserva indica se tes ou non coche e a túa disponibilidade para compartilo.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal