ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / III Encontro da Comunidade de Accións e...

Do 10-06-2022 ao 16-06-2022

III Encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural

O 15 de xuño no Parque de Vista Alegre o cetro de Estudos Avanzados da USC, organiza o "III Encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural"

Un evento para o encontro entre colectivos rurais, estudantes e profesorado que teñen interese nas actividades de Aprendizaxe-Servizo vinculadas ao medio rural, como forma de integrar o impulso da acción rural  e a aprendizaxe e proxectos de futuro no rural.

Neste terceiro encontro perseguimos os seguintes obxectivos:

-A posta en común dos avances feitos no marco da comunidade.

-A difusión e promoción entre o estudantado dos proxectos da comunidade e da labor e os saberes dos colectivos que a conforman.

-A ampliación a outras formas para vincular coñecemento e acción rural no futuro da comunidade.

Este encontro ten caracter formativo sustentado nas aprendizaxes mutuas e multidireccionais entre diferentes tipos de axentes.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal