ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de eliminación e...

21-05-2022

Xornada de eliminación e identificación de invasoras en Baldaio

O sábado 21 de maio ADEGA levará a cabo unha actividade de eliminación de identificación de plantas invasoras na Praia de Baldaio, en Carballo, co Grupo Scout Stoas. A xornada ten por obxecto divulgar a problemática das invasoras e levar a cabo accións para a conservación das zonas húmidas e a flora ameazada da zona.

Esta actividade forma parte do proxecto de Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte, desenvolvido co apoio da Acción Social de CaixaBank a través a súa liña de colaboración con entidades para apoiar iniciativas e proxectos encamiñados á mellora do patrimonio natural, a través da protección da biodiversidade, a innovación ambiental e a loita contra a despoboación

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal