ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Inspección de primavera no Rego do Segade (Lugo)

15-05-2022

Inspección de primavera no Rego do Segade (Lugo)

O vindeiro domingo 15 de maio pola mañá, a delegación de Lugo de ADEGA, organiza unha nova saída do Proxecto Ríos ao Rego do Segade, para facer o estudo da calidade ecolóxica das suas augas.

A inspección consiste na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, empregando os materiais proporcionados polo Proxecto Ríos. Cos datos obtidos elabórase anualmente o Informe do estado de saúde dos ríos galegos.

Para participar é preciso inscribirse chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal. 

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal