ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Saída Divulgativa polas Microrreservas da...

13-05-2022

Saída Divulgativa polas Microrreservas da Costa da Morte

Dentro do proxecto que desenvolve ADEGA en colaboración con Caixabank para a divulgación das microrreservas da Costa da Morte, realizaremos un itinerario interpretativo con alumnado de ciencias da UDC para amosar as características destes espazos protexidos. Durante a actividade amosaremos os valores naturais dos sistemas dunares, identificando a flora a fauna máis característica que se pode atopar e que lle outorga valor ambiental a estes espazos. Será nas dunas da desembocadura do río Anllóns en Ponteceso, onde existe unha proposta para a creación doutra microrreserva de flora na Costa da Morte, xunto coas que xa existen en Fisterra, Laxe e Carballo.
Máis información:
ramses@adega.gal
981 57 00 99 / 616 238 050

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal