ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Apúntate á xornada de...

05-03-2022

Apúntate á xornada de eliminación de invasoras e limpeza da praia de Baldaio!

ADEGA ten unha nova convocatoria do proxecto de Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte. Trátase dunha acción de eliminación de flora invasora do Complexo Húmido de Baldaio, no concello de Carballo. Será o sábado 05 de marzo, en horario de 09:30 a 17:00h.

Na actividade vaise eliminar flora exótica invasora que pode chegar a ser un perigo para as especies ameazadas do espazo natural. Será unha xornada de mañá e tarde, adicando a xornada matinal a recoñecer as invasoras e proceder á súa eliminación. Na sesión de tarde realizarase unha ruta polo Complexo Húmido de Baldaio para retirar lixo mariño así como descubrir os seus valores naturais e paisaxísticos.

Esta actuación dá continuidade a un traballo comezado hai uns anos en colaboración co Concello de Carballo e o Departamento de Botánica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, coa creación das Microrreservas de Flora da Costa da Morte. As prazas son limitadas e é preciso inscribirse a través do correo electrónico ramses@adega.gal ou chamando ao 616 23 80 60. O voluntariado asistente terá cubertos os gatos de manutención e contará cos seguros correspondentes.

Convocatoria de Medioambiente 2021

O proxecto conta nesta ocasión co apoio da Acción Social de CaixaBank a través da ‘Convocatoria de Medioambiente 2021’, que dá soporte a iniciativas encamiñadas á mellora do patrimonio natural, a través da protección da biodiversidade, a innovación ambiental e a loita contra a despoboación.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal