ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Eliminación de invasoras e limpeza na...

05-02-2022

Eliminación de invasoras e limpeza na Praia do Rostro

O sábado 05 de febreiro ADEGA levará a cabo unha eliminación de invasoras e limpeza na Praia do Rostro, en Fisterra, como parte das actividades programadas para a semana na que se celebra o Día Mundial dos Humidais. Con ela dáse continuidade a un traballo comezado hai uns anos en colaboración co Concello de Fisterra e o Departamento de Botánica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, coa creación das Microrreservas de Flora da Costa da Morte.

Para asistir será preciso inscribirse enviando un correo electrónico a ramses@adega.gal ou chamando ao 616 23 80 50.

Esta actividade forma parte do proxecto de Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte, desenvolvido co apoio da Acción Social de CaixaBank a través a súa liña de colaboración con entidades para apoiar iniciativas e proxectos encamiñados á mellora do patrimonio natural, a través da protección da biodiversidade, a innovación ambiental e a loita contra a despoboación

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal