ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Bioblitz nas Lagoas de Baldaio

02-02-2022

Bioblitz nas Lagoas de Baldaio

O mércores 02 de febreiro, Día Mundial dos Humidais, ADEGA vai realizar unha descuberta de biodiversidade nas Lagoas de Baldaio, Carballo. O Bioblitz será de mañá e tarde e estará dedicado a inventariar a fauna da zona húmida, prestando especial atención ás aves refuxio durante o inverno de numerosas especies.

Para asistir será preciso inscribirse enviando un correo electrónico a ramses@adega.gal ou chamando ao 616 23 80 50.

Esta actividade forma parte do proxecto de Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte, desenvolvido co apoio da Acción Social de CaixaBank a través a súa liña de colaboración con entidades para apoiar iniciativas e proxectos encamiñados á mellora do patrimonio natural, a través da protección da biodiversidade, a innovación ambiental e a loita contra a despoboación.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal