ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea

Do 02-09-2021 ao 12-09-2021

Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea

Será a fin de semana do 10, 11 e 12 de setembro. Realizaremos labores de seguimento da presenza de flora exótica invasora nos 3 Km de río que ten custodiados o Proxecto Ríos, eliminanado manchas de Acacia dealbataA. melanoxylon ou Phytolacca americana, entre outras. Tamén miraremos noutras zonas de traballo de anos pasados para eliminar os prosibles rebrotes.

O voluntariado terá cubertos os gastos de aloxamento (Albergue Alentea), manutención, contará cun seguro de accidentes e disporá da ferramenta axeitada. As prazas son limitadas. É preciso inscribirse.

Xa podes anotarte ao campo de voluntariado enviando un correo maria.amigo@adega.gal ou chamando ao 981 57 00 99/630 043 301


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal