ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Encontro galego de educación ambiental

25-01-2014

Encontro galego de educación ambiental

O encontro celebrarase este sábado 25 de xaneiro no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, sito na acolledora contorna do Parque de Belvís (R/Camiño da Ameixaga, s/n).

O obxectivo é reflexionar e debater sobre a situación actual da educación ambiental en Galicia, promovendo un espazo de lectura crítica atento ás novas liñas de traballo que se están a emprender. Búscase coñecer novos escenarios dende os que se están a desenvolver diferentes iniciativas baixo denominacións que non sempre aluden á educación ambiental, pero que entroncan cos seus fundamentos.

PROGRAMA

10.15 - 10:30 Presentación
10.30 - 12:00 Mesa de debate
12.00 - 12.30 Descanso
12.30 - 14.00 Dinámica de Espazo Aberto (I)
14.00 - 16.00 Xantar
16.00 - 17.30 Café-coloquio
17.30 - 18.00 Descanso
18.00-19.00 Dinámica de espazo aberto (II)
19.00-20.00 Avaliación do encontro e peche


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal