ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Andaina na procura das fontes de Lugo (AUGA)

18-07-2020

Andaina na procura das fontes de Lugo (AUGA)

AUGA

Continuando cas xornadas ambientais de verán "Os catro elementos" o vindeiro sábado 18 de xullo ás 10h, comezaremos a andaina polas rúas de Lugo na procura das antigas fontes seguindo o trazado do acueduto primitivo. Son moitas as nacentes que existen na cidade, pero que por mor dun urbanismo pouco respectuoso co medio natural foron clausuradas.

Xornadas ambientais "Os catro elementos"

Estas xornadas de verao naceron para axudar á identificación do ser humán ca natureza, representada polos catro elementos primordiais definidos por Aristóteles.

Durante o mes de xullo, organízanse en diferentes localizacións de Lugo e a súa contorna obradoiros, visitas e andainas, coas que se pretende achegar ás persoas a observación e coñecemento dos catro elementos da natureza. O lume, o ar, a auga e a terra serán os eixos centrais das actividades.

Reserva a túa praza!

É preciso reservar praza chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal, indicando nome apelidos, e teléfono de contacto. As prazas son limitadas a 15 persoas, actividade de balde. 

Para evitar a propagación da COVID19 é preciso o uso de máscara durante a actividade. Disporemos ademáis de xel hidroalcólico.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal