ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Obradoiro Fabrica un papaventos con materiais de...

11-07-2020

Obradoiro Fabrica un papaventos con materiais de refugallo (AIRE)

AIRE

A atmosfera que envolve á Terra abríganos e fornécenos do ar que respiramos. Traballaremos este elemento, observando o seu movemento (vento) e as suas aplicacións prácticas e lúdicas.

O sábado 11 de xullo ás 10h da mañá, no Parque do Miño (á altura do Pazo de Feiras), aprenderemos a fabricar papaventos e a voalos.

Xornadas ambientais "Os catro elementos"

Estas xornadas de verao naceron para axudar á identificación do ser humán ca natureza, representada polos catro elementos primordiais definidos por Aristóteles.

Durante o mes de xullo, organízanse en diferentes localizacións de Lugo e a súa contorna obradoiros, visitas e andainas, coas que se pretende achegar ás persoas a observación e coñecemento dos catro elementos da natureza. O lume, o ar, a auga e a terra serán os eixos centrais das actividades.

Reserva a túa praza!

É preciso reservar praza chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal, indicando nome apelidos, e teléfono de contacto. As prazas son limitadas a 10 persoas, actividade de balde. 

Para evitar a propagación da COVID19 é preciso o uso de máscara durante a actividade. Disporemos ademáis de xel hidroalcólico.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal