Inicio / Axenda / Outras actividades / Pensarmos o Nunca Máis. Loitas polo...
Do 27-11-2019 ao 28-11-2019
Os días 27 e 28 de novembro, Gran Burla Negra organiza unhas xornadas de reflexión histórica sobre o movemento Nunca Máis e un repaso ás loitas polo común máis recentes en Galiza. As xornadas terán lugar na Facultade de Filosofía da USC, en Santiago de Compostela.
O mércores, 27 de novembro, acudirá en nome de ADEGA, Adela Figueroa Panisse, voceira de Nunca Máis en Lugo e ex-presidenta de ADEGA, na Facultade de Filosofía (USC) de 17 a 20 horas.
Mércores 27 (17-20 h) e xoves 28 de novembro (11-14 / 17-20 h).
Coa participación de:
MARÍA BELLA, investigadora e productora cultural→ «Os zapatos chapapoteados das nenas do Coído»
ADELA FIGUEROA, bióloga, activista e escritora*Foi voceira de Nunca Máis en Lugo e presidenta de ADEGA.
XOÁN HERMIDA, historiador e activista altermundista→ «Nunca Máis: acto constituínte do Movemento Social Galego»
GUADALUPE JIMÉNEZ, profesora de antropoloxía da USC→ «”Outro Máis”: unha lectura biopolítica do desastre do Prestige»
DANIEL LANERO, profesor e investigador no Dpto. de Historia da USC→ «Conflitos ambientais e comunidades rurais na Galicia do final do Franquismo e a Transición»
ISAAC LOURIDO, professor e investigador da Universidade da Corunha→ «Partido, intelectuais e movimento: Perspetivas críticas sobre a componente cultural do Nunca Mais»
TERESA MOURE, profesora da USC e escritora→ «Narrativas Des-prestigiadas»
LUÍS REI NÚÑEZ, escritor e xornalista→ «Tempo de carraxe»
ABRAHAM RUBÍN, docente e investigador independente→ «Potencia ou poder? Precisións sobre o común e a comunidade co gallo do Nunca Máis»
Coordina e dirixe:MATÍAS G. RODRÍGUEZ-MOURIÑO, investigador→ Matías G. Rodríguez-Mouriño é historiador da arte e doutorando em Filosofia com uma tese sobre a estética de Félix Guattari. As suas publicações e interesses centram-se na estética contemporânea desde uma perspetiva pós-estrutural, e aparecem ligadas a questões como a caosmose, a repetição ou o menor. Tem participado em seminários e congressos em Portugal, Espanha ou França, publicado em revistas como Fedro, Quintana ou philosophy@lisbon, coordenado a edição de obras de Helena Miguélez-Carballeira, Joel R. Gômez, Igor Lugris ou Teresa Moure, e traduzido a Gilles A. Tiberghien ou Michel Onfray.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal