Inicio / Axenda / Outras actividades / Roteiro arqueolóxico reivindicativo por...
15-12-2013
As asociacións ADEGA, Buril, Cultura do País e Mariñapatrimonio estamos a organizar un acto reivindicativo para demandar a volta da ourivería prerromana da colección Álvaro Gil ao museo de Lugo.
O acto consta dun roteiro arqueolóxico por varios xacementos relacionados dalgún xeito con estas xoias, que terá lugar o vindeiro 15 de decembro. Se sodes dos e das que se quedaron sen praza no roteiro a Guitiriz nese mesmo día, e queredes dedicar esa xornada para andar e coñecer o patrimonio do país, esta é unha boa oportunidade.
Desde Lugo sairá un autobús ás 9.30 horas, desde a Facultade de Formación do Profesorado.
En Burela, o percorrido partirá da Cruz do Lobo (O Asador) ás 11.15h. Rematará á tardiña no lugar onde apareceu o torques de Burela.
O xantar será en Burela e estará cuberto polo prezo: 10 euros para socios/as, 15 euros para non socios/as).
Para máis información e para apuntarse, dirixídevos a Mariñapatrimonio no seguinte tfn. 619553236 (Miguel).
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal