ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Debate público sobre o traslado da...

Do 14-11-2019 ao 21-11-2019

Debate público sobre o traslado da estación de buses de Lugo

ADEGA Lugo vén a organizar un debate público sobre o traslado da estación de autobuses do centro da cidade, á nova localización na prevista intermodal. Este debate, que pretende dar a coñecer a problemática deste traslado dende diferentes perspectivas, divídese en dúas xornadas, dúas mesas redondas nas que participará a veciñanza, empresarios, ex cargos de RENFE, técnicos do COAG e membros da Universidade, así como integrantes de ADEGA e do CS Mádia Leva. 

A primeira cita será este xoves, 14 de novembro, a partir das 19.30h no salón de actos do IES Lucus Augusti. Participarán no debate:

  • Adela Figueroa Panisse, pola asociación ecoloxista ADEGA.
  • Jorge Somoza Lázare, polo Consello de administración da Confederación de empresarios de Lugo (CEL).
  • Raúl Veiga, secretario do Colexio de Arquitectos.
  • Luis Latorre, voceiro de Lugo Monumental.
Moderará a mesa Paco Nieto.

O seguinte xoves, día 21 de novembro, á mesma hora e no mesmo lugar, participarán no debate sobre a intermodal:

  • José Enrique Villarino, ex xefe de gabinete en alta velocidade de RENFE.
  • Valentín Arias, representante da Unión de Asociacións Veciñais de Lugo.
  • Esther Gómez como membro da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
  • Xose Lois Losada, en representación de CS Mádia Leva.

Moderará esta segunda mesa de debate Adela Figueroa Panisse.

As dúas sesións serán abertas á participación do público xeral.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal