ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Voluntariado ambiental no Monte da Fraga: mapeado...

03-10-2019

Voluntariado ambiental no Monte da Fraga: mapeado de flora exótica invasora

As invasións biolóxicas son consideradas unha das maiores ameazas para a conservación da biodiversidade, podendo afectar de modo negativo á estrutura e ao funcionamento dos ecosistemas que invaden. Co  obxectivo de sensibilización e conservación da biodiversidade da flora galega, organízase esta Xornada de Voluntariado Ambiental no Monte da Fraga, guiado por ADEGA,

O PROGRAMA será o seguinte:

  • 16h. Explicación sobre a problemática das Especies Exóticas Invasoras (EEI)
  • 16:15h. Mapeado das EEI presentes no Monte da Fraga
  • 18h. Remate da actividade

Data e hora:
3 de outubro de 16h- 18h

Punto de encontro: Entrada Fac. De Ciencias (A Zapateira)

Inscricións*: marialafuente@adega.gal *Prazas limitadas, adxudicadas por orde de inscrición. Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 2h (1C por cada 10h de participación en actividades da OMA )

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal