ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XII Limpeza Simultánea de Ríos

29-09-2019

XII Limpeza Simultánea de Ríos

Este ano 2019 celebramos a duodécima edición das limpezas simultáneas de río. Son xa doce anos nos que milleiros de persoas teñen participado nesta xornada de retirada de lixo dos nosos cursos fluviais. Miles de quilos de residuos foron quitados dos nosos ríos e ribeiras polo voluntariado participante.
O domingo 29 de setembro é a data na que se realizará a actividade. Para participar podes unirte a algún grupo organizado preto do teu concello ou ben promover a limpeza nun río actuando de coordinador/a. Na web da limpeza iremos informando dos lugares onde se desenvolverá a XII Limpeza Simultánea de Ríos.

Anímate a participar!!
Chama ou envía un e-mail
aos seguintes contactos:
Teléfonos:
981 57 00 99 / 619 672 038
e-mail: pacobanhobre@adega.gal
proxectoriosgaliza@gmail.com

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal