Inicio / Axenda / Outras actividades / Fantoches Baj na Eira da Xoana polo Día da...
25-05-2019
Como cada ano, desta volta o sábado, 25 de maio, celebraremos na Eira o Día da Diversidade Natural e Cultural, xuntando así o Día das Letras Galegas ( 17 maio) e o Día Internacional da Biodiversidade (22 de maio).
Nesta ocasión estará con nós Fantoches Baj, que representará “Os romeiros do caracol”, inspirada na obra de Antonio Fraguas.
A actuación será de balde para o público xeral e terá lugar no eirado da Xoana ás 13.00 horas.
Despois da representación faremos un xantar de convivio (cadaquén trae a súa comida e compartíllase a de tod@s) e, ao seu remate, continuará a celebración con música, poesía…
Verémonos o sábado? Contamos contigo!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal